Saltar ao contido principal

Mobilización convocada pola Alianza Social Galega



 A falta de revalorización dás pensións, os recortes en sanidade, a nova lei de educación, ás taxas xudiciais, a normativa hipotecaria. Todas estas cuestións son motivos dabondo para acudir á Mobilización convocada pola Alianza Social Galega para o vindeiro xoves, día 20, ás 19.30 horas, nunha concentración, diante da sede da Xunta na praza de España (Ferrol), para mobilizarse contra os recortes do Goberno central.

A Alianza Social Galega que fora impulsada polos sindicatos galegos está composta por uns 40 colectivos de distintos signos, e todos integrados nunha galega alianza, entre os que como non, estamos nós a A. C. Fuco Buxán.

Dende aquí, convidámosvos a acudir á mobilización para dicirlles que xa está ben do desmantelamento do estado de benestar.