A Asociación Cultural Fuco Buxán prácese en convidala/o á conferencia que terá lugar o este Martes 4 de decembro ás 19,30 horas na Galería Sargadelos, e que leva por título:
A XUSTIZA RECORTADA – TAXAS
"Unha nova agresión a un dereito fundamental"
e na que intervirán:
ÁNGEL GARMENDIA
Ex presidente da xunta de Persoal da Administración de Xustiza – A Coruña. Excoordinador de Xustiza de CCOO – Galicia.
ENMA GONZÁLEZ ÁLVAREZ
Avogada – Civil e Laboral. Letrada da Asociación Galega contra o Acoso Laboral no Traballo (AGACAMT)
Nesta conferencia indagaremos nas claves do acceso a este dereito fundamental – o da tutela xudicial efectiva – desde perspectivas diversas.
É necesario que o pobo teña a máxima información. Agardando poder contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.