Na Galería Sargadelos tivo lugar a rolda de Prensa da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública, da que Fuco Buxán forma parte, para anunciar a mobilización contra os recortes, a privatización e en defensa da Sanidade Pública, convocada para o martes, 4 de decembro ás 19 hs, fronte ao Edif. da Xunta de Galicia.
Manifesto: A TODA A CIDADANÍA
A A.C. Fuco Buxán, integrante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra, súmase e convida a participar na CONCENTRACIÓN convocada para o martes, 4 de Decembro, ás 19 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García, Ferrol).