Saltar ao contido principal

Publicacións

CONCENTRACIÓN 8 DE MARZO MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, neste 8 de marzo, baixo o lema: "AS MULLERES VALEMOS MOITO MAIS QUE UNHA CRISE INTERESADA "   Conmemorará no Cantón de Molins, en Ferrol, ás 20.00h oras, este DÍA DE LOITA. Convidamos a toda a cidadanía a que nos acompañe nunha concentración participativa e de celebración, este VENRES 8 DE MARZO. PRÉGASE DIFUSIÓN 8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES   A participación das mulleres na historia da humanidade, na construción das habilidades e saberes humanos foi achantada ou ignorada durante séculos. Con moitísimo traballo e esforzo tivemos que loitar contra os muros da exclusión, da inferioridade, da falta de recoñecemento social e político, individual e colectivo. Unha loita incesante que non nos dá un momento de acougo, xa que no intre en que se recoñecen algunhas das nosas demandas vemos como, cunha rapidez asombrosa, érguense de novo os vellos muros pero con outros nomes: crise, recortes, paro, peche...