Saltar ao contido principal

ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA DE GALICIA: 14 DE XULLO 2022.

 


ACTA DA XUNTANZA DA PLATAFORMA SOS SANIDADE PUBLICA DE GALICIA:

14 DE XULLO 2022.

ASISTENTES: voceiro da Plataforma Nacional, voceirxs das Plataformas de Vigo, Pontevedra, Compostela, A Mariña, Baixo Miño, Seixo, Ferrolterra; Pediatras e Matronas Xá! AGDSP; BNG, Podemos Galicia; CCOO, CIG. Isa do Colectivo Fixing de Acción Social. 

Excusan presencia: Montse Prado, Asociación de Epilépticxs de A Coruña,  O Condado-Paradanta.

ACORDOS:

1.- Entregar a documentación para a ILP na Xunta Lectoral (antes do 28 de xullo cando acaba o prazo de 10 días hábiles):

·         Valoracion pola letrada do Parlamento, dos pregos de recollida de sinatuas, antes de imprimilos.

·         Imprimir os pregos e entregalos na Xunta Electoral.

·         Entregar a documentación das persoas fedatarias (tamén se poden entregar directamente na CIG en Compostela; enviar por correo certificado, xunto ca fotocopia do DI, á dirección da CIG: Rúa Miguel Ferro Caaveiro 10. 15707- Santiago), posteriormente Xose María Dios, as entregará na Xunta Electoral.

2.- Elaborar unha guía para informar ás plataformas e organizacións, sobre como recoller as sinaturas, como enviar os pregos ás localidades, onde recoller os pregos polas Plataformas e organizcións (os sidicatos brindáronse a colaborar nesta actividade). Debemos ter todo elaborado na ultima semán de xullo. Temos que ter unha persoa responsable en cada localidade para facerse cargo dos documentos das sinaturas. Da impresión dos pliegos, encargaranse Vanessa e o Concello de Narón. Vanessa plantexa recoller sinaturas tamén en formato dixital (o falará ca xente da Universidade Aberta de Catalunya).