Comisión Cidadá Pro-Palestina, Vigo.
propalestinavigocomisioncidada@gmail.com
SÍNTESE DA REUNIÓN CELEBRADA O DÍA 9 DE ABRIL DE 2024 DE VINTEOITO
ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E SINDICAIS E ENTIDADES CÍVICAS E SOCIAIS,
CONVOCADAS POLA AUTODENOMINADA COMISIÓN CIDADÁ PRO-PALESTINA
DE VIGO
Convocados pola Comisión Cidadá Pro-Palestina, en relación co manifesto redactado por esta verbo
da barbarie humanitaria provocada polo exército do Estado de Israel no territorio palestino de Gaza
e Cisxordania1
, reúnense ás 19:30 h. do día 9 de abril, nos locais do Ateneo Atlántico,
representantes de 28 organizacións políticas e sindicais e entidades cívicas e sociais da cidade2
:
Anticapitalistas; A Morada; Ateneo Atlántico; Aministía Internacional; BDS; B.N.G; C.G.T.;
C.I.G.; CC.OO; Dereito a unha Morte Digna.; E.U.; Ecoloxistas en Acción; Federación de AA.VV
de Vigo; Foro Cívico de Vigo; Francisco Villamil G/C; Greenpeace; IOAC-HOAC; MODEPEN
(Movemento de Pensionistas); Mundo sen Guerra e sen Violencia; Os Ninguéns; PsdG-PSOE;
Pertenza; Podemos; Recortes Cero; Sumar Galicia; SOS Sanidade Pública Galicia; UGT; Xustiza e
Sociedade.
Comeza a reunión coa presentación dos seis membros da autodenominada Comisión Pro-Palestina,
dos obxectivos e motivacións desta e refírese o seu carácter temporal e efímero, ao ter como único
obxectivo da súa creación a consecución dun amplo consenso social para desenvolver unha gran
manifestación en Vigo contra a barbarie e xenocidio que se produce contra o pobo palestino.
Seguidamente lése a relación de persoas convocadas e asistentes, representantes das organizacións
políticas, sindicais e entidades cívicas (relación que encabeza a presente síntese).
Dáse conta do contido do Manifesto, xa coñecido por tódalas persoas presentes na reunión, facendo
fincapé no seu consciente planteamento de mínimos orientado a acadar o maior acordo posible
sobre o seu contido. Dáse conta da campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org e
do erro material existente no texto publicado3
, que foi corrixido a posteriori.
Ábrese quenda de palabra á sala, no que diversas persoas expresaron o seu punto de vista favorable
á realización desta reunión e agradecendo o acerto desta inedita iniciativa. Tamén algúns dos
presentes expresaron as súas dúbidas e o desacordo parcial con partes do manifesto, en xeral por
considerar que non abrangue cuestións e reivindicacións que cadanseu consideran relevantes. A
pesar disto, agás algunhas que por diversas causas o consideran inasumible, foi aceptado
tacitamente pola gran maioría, salientando aquela condición de acordo de “mínimos” nun contexto
de distintas sensibilidades políticas. Non entanto a coincidencia é xeral sobre a necesidade e
conveniencia de remarcar a unidade cívica fronte a barbarie e o xenocidio.
Avanzada a reunión, pásase a presentar a proposta de manifestación elaborada pola Comisión, que
en resume contén:
– Manifestación de unidade cívica, na que se busca centrar todo o protagonismo no obxecto da
mesma: o pobo palestino. Neste sentido os participantes non lucirán emblemas nin símbolos
identificativos da súa organización, exhibindo exclusivamente bandeiras palestinas.
1 Ver texto do Manifesto en iniciativa de recollida de sinaturas de Change.org: https://chng.it/r79QJWNF
2 Foron contactadas e convocadas outras organizacións e entidades máis, das cales manifestaron o seu interese por
asistir pero disculparon a súa ausencia: DIEM 25 Galicia, C.U.T. e Emaús. Outras non foi posible contactalas ata
última hora o que dificultou a posibilidade de que asistisen, pero se espera a sua incorporación ao proceso.
3 Onde se pon no texto orixinal publicado: “Corte Penal Internacional” debe poñer a corecta: “Corte Internacional de
Xustiza”.
Comisión Cidadá Pro-Palestina, Vigo.
propalestinavigocomisioncidada@gmail.com 2
– Búscase un escenario “compacto”, coa presencia en cabeza, con escasa separación entre
elas, de tres pancartas, portadas por representantes das organizacións e entidades
participantes, cos seguintes lemas únicos: “Vigo con Palestina”; “Contra a barbarie” e
“Paremos o xenocidio”. As pancartas, en reforzo do carácter de unidade e cívico da
manifestación, non levarán sinaturas. Procurarase que discurra a marcha coas persoas
participantes o máis achegadas posible, formando un grupo compacto, como sinal de
empatía e humanidade solidaria
– A marcha realizarase en silencio, en mostra de respecto e horror polas miles de vítimas dos
bombardeos do Estado agresor de Israel sobre a poboación palestina. O único fondo sonoro
da marcha será a reprodución das recoñecibles sirenas de alarma de bombardeo.
– Ao comezo da marcha leráse publicamente por megafonía a relación de organizacións e
entidades autoconvocantes, agradecendo a súa presencia e xenerosidade, así como o
manifesto publicado. Estes mesmos textos leranse ao remate da manifestación.
– A manifestación tería lugar o día 24 de abril a partir das oito da tarde, co percorrido: Cruce
Vía Norte con Urzáiz-Urzáiz-Praza de Urzáiz-Príncipe-Porta do Sol.
Ábrese nova quenda de palabra para que os presentes valoren a proposta de manifestación. Das
intervencións producidas neste punto dedúcese a aceptación dos termos da proposta pola práctica
totalidade dos asistentes, se ben, algunhas organizacións apuntan o desacordo coa indicación de non
portar símbolos identificativos, derivando, neste sentido, no seu caso, a decisión final de apoiar a
convocatoria a unha consulta sobre este particular aos órgaos directivos da súa organización,
comprometéndose a una resposta o máis rápida posible.
As intervencións sucedéronse coa comprensión, agradecemento e xenerosidade dos presentes de
cara das características concretas da proposta de manifestación, no bo entender da dificultade que
suporía percurar un acordo unánime sobre a mellor data de celebración, optándose por aceptar a do
24 de abril.
Acórdase deixar aberta a posibilidade de novas adhesións ao manifesto e á manifestación por parte
doutras organizacións e entidades da cidade, algunhas das cales xa amosaron o seu interese.
Finalmente, acórdase convocar e crear de inmediato (venres 12 de abril, ás 11:00 h.) unha comisión
técnica para a organización e desenvolvemento operativo da Manifestación, ofrecéndose varias das
organización presentes para colaborar na mesma, aportando a súa experiencia e capacidade na
realización deste tipo de eventos. Tralo xeneroso ofrecemento por parte das organizacións presentes
do seu local para facer esta reunión, convócase finalmente nunha delas: a sede de Podemos Vigo,
situada na rúa Celso Emilio Ferreiro, 9 de Vigo.
Remátase a reunión preto das 22:00 h. nun inmellorable ambiente de empatía, solidariedade e
amistade, felicitándonos mutuamente por acadar unha inédita reunión deste alcance e importancia,
máis alá das lexítimas e desexables diferencias ideolóxicas, organizativas e políticas dos asistentes,
reeditando con ilusión, como se expresou en diversos momentos, a longa e masiva tradición viguesa
de mobilizacións e conciencia solidarias.
Asdo.- Comisión Cidadá Pro-Palestina, Vigo, 9 de abril