A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar á opinión publica que o Plan de Reforzo en Atención Primaria é unha nova cortina de fume para ocultar a ausencia de planificación fronte a unha situación que se reproduce durante cada verán e que deteriora, aínda mais, a situación dos Centros de Atención Primaria en Galicia. 1.- O chamado Plan de Reforzo Estival pretende creas unha bolsa de persoal medico en réxime voluntario para facer gardas localizadas (non presenciais) nos PAC que os requiran. Esta proposta ademais dunha inaceptable improvisación coloca a Galicia na situación de país en desenvolvemento que necesita recorrer ao voluntariado para cubrir postos asistenciais no sistema sanitario publico 3.- Oferta ao persoal do Servizo de Emerxencias (061) que prolongue voluntariamente o seu tempo de traballo para cubrir gardas nos PAC de Atención Primaria. O esgotamento do persoal é un risco para a poboación usuaria. 4.- Pr...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."