📢 DE MAL EN PEOR ✂️ A XUNTA DEIXOU ONTE O CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN SEN MÉDIC@S NA QUENDA DE TARDE, SÓ MANDOU UN PARCHE UNHAS HORAS DENDE SEIXO 😱 INFORMACIÓN, AQUÍ 👇🏽 ❌ Chéganos denuncia de que onte, no Centro de Saúde de Marín non houbo ningún facultativo na quenda de tarde. ✂️ A Xerencia decidiu parchear a falta de persoal, enviando para Marín o médico de Seixo (que remata a súa xornada ás 3 da tarde) cunha prolongación da xornada para as primeiras horas da tarde. Ás 18:00h, hora da denuncia, xa non había ningún facultativ@ na quenda de tarde ordinaria en Marín. ℹ️ Lembramos que o Centro de Saúde de Marín ten médic@s de mañá e de tarde. Na quenda ordinaria de tarde debera haber 3⃣ facultativ@s. Ao non haber ningún, a eses pacientes só lles quedou ir ás urxencias do PAC a ver se eran atendid@s 😵 🆘 A situación aínda sería máis grave se conseguisen pechar o Centro de Saúde de Seixo, porque habería máis pacientes acumulad@s en Marín con estes problemas. 🏥 Re...