Xuizo de Rafael Pillado contra Navantia. Notas das Asoc. AGAVIDA, FUCO BUXÁN e M.H.D. FOTOS https://drive.google.com/.../1diyY5HxuBL407HKm-0GBIQ... A Asociación Galega das Vítimas do Amianto (AGAVIDA) e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, agradecemos a cantas persoas, en resposta ao noso chamamento, concorreron hoxe aos Xulgados ou manifestaron o seu apoio, para arroupar ao compañeiro Rafael Pillado, na vista da súa demanda contra Navantia, por ter contraído a consecuencia do seu traballo nesa factoría un mesotelioma pulmonar, gravísima enfermidade producida polo uso do amianto, cando as empresas e o goberno coñecían xa a traxedia que se ía producir para tantos traballadores/as e o seu entorno. Hoxe moitas persoas a título particular ou como membros do tecido asociativo da cidade e comarca, dos Sindicatos CIG, USTG e CGT e das Asociacións convocantes, concentrámonos diante dos Xulgados,...