Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Sanxenxo Tras a triste e demoledora noticia da denuncia interposta por un familiar dunha persoa falecida no PAC de Baltar, por negárselle unha ambulancia por parte do 061 ao non presentar un cadro con febre; e como gota que colma o vaso, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Sanxenxo (SOS Sanxenxo), queremos mostrar o noso sentido pésame á familia da falecida, e convocar unha xuntanza o vindeiro luns, 22 para valorar a deriva que está a tomar este desmantelamento contínuo da nosa sanidade e a necesidade de trasladar á rúa a demanda de recuperar a sanidade pública e de calidade que merecemos. Desde a plataforma consideramos moi grave o feito de que unha persoa morra sen atención sanitaria pese a demandala, porque non exisir. O fatídico día en cuestión, en O Grove, non houbo médico nas 24 horas, de forma que todas xs pacientes de O Grove foron derivadxs ao de Baltar. Preguntámonos se esta morte se houbera evitado de ter habido asiste...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."