Que isto fose previsíbel non deixa de ser unha moi mala noticia Despois de tantos anos de estar-mos loitando por unha Lei polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada que garanta o exercicio deste Dereito Fundamental, agora volvemos a perder esta oportunidade, ao ser rexeitada no Congreso dos Deputados. "O Pleno rexeitou iniciar a tramitación da Proposición de Lei de garantía do dereito á vivenda digna e adecuada, por 57 votos a favor, 280 en contra e 98 abstenciones. A iniciativa, impulsada polos grupos parlamentarios Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común, Republicano, Plural (Compromís, Junts per Catalunya, BNG e Máis País), Euskal Herria Bildu e Mixto, a través de nove títulos, introduce medidas para evitar desafiuzamentos de persoas en risco de exclusión e suscita que a ocupación de vivenda baleira de entidades financeiras non se aborde por procedemento penal, cando xa existe a vía civil. En relación aos préstamos hipotecarios, regula a dación en pago e ...