Saltar ao contido principal

Publicacións

'Pouco cambiamos. Diario de calquera adolescente' por S.F.Bellas

Esperto, sete da mañá, arrancamos. Ducha, roupa, almorzo, esperar a que acabe o de turno a sua taza para deixar recollido (o pobre debe de ser manco) ou eso parece. Arrancando, un día maís, e as mismas chorradas. Saíndo do portal os da obra de enfrente, que non deben de ter pernas e me recordan que eu sí as teño, cos comentarios "tan riquiños" como vomitivos. Parada do autobús, repetimos escea, mirada de arriba abaixo, esta vez, a señora de todos os días que non debe cansar de verme, ao mellor está a prepar un catálogo de moda (non creo coa cara de noxo que mira). Mentres meu irmá lle resulta invisible a todo o mundo, pobre, como moito lle miran con pena a cara chea de canelas. Veña, subimos ao bus, comentario do señor buseiro: “a ver neniña, ten coidado, no che vaia rachar a falda ao subir o escalón”. Uy que... (mellor calo).  Instituto, aquí empeza a feira de verdade, da igual o que poñas ou non, da igual, se non é por unha cousa será por outra, pero sempre terás algún alma...

'Libertarias galegas' por Lola Ferreiro Díaz

Borráronas da historia e non obstante  setenta anos despois hai quen as ama. Sardiñas para elas e unha libra de cereixas vermellas como a súa primavera libertaria e para sempre ámote anarquista ou nada.      Claudio Rodríguez Fer O 20 de novembro pasado, avisada por unha amiga, tiven a oportunidade de ver en “La Sexta columna” un programa documental sobre os atentados contra Franco ao longo da ditadura. Baixo o título “Matar a Franco: El hombre que lo intentó tres veces” (aínda dispoñíbel na web), Octavio Alberola, o militante libertario que o tentou tres veces, describía polo miúdo cada un dos intentos e analizaba o contexto político e social daqueles 40 anos. Pareceume unha achega moi interesante ao tema (do que se fala máis ben pouco) e destaco un dos (moitos) datos que se transmitían en relación cos ditos atentados e no que concordaban as persoas convidadas: todos os intentos foron deseñados e preparados por militantes anar...

Lembranzas e recoñecemento a Luis Montes Mieza

En el debate sólo hay dos posturas: los que defendemos la autonomía, que creo que somos mayoría, y los que defienden que la vida es un don recibido de un amigo invisible y que lo que tenemos que hacer es preservarla. Luis Montes Mieza. Médico y presidente de la Asociación Derecho a Morir Dignamente (2009-2018) O pasado xoves, 18 de marzo o Congreso dos Deputados aprobou a lei que regulará a práctica da eutanasia en España. Con esta norma -que entrará en vigor en tres meses- quedamos incorporados á reducidísima nómina de países nos que esta práctica está regulamentada. En torno ao 84 % da cidadanía apoia o exercicio deste dereito (Ipsos 2018, Metroscopia 2019) e o seu mero coñecemento e implementación, a súa despenalización, evitará prácticas clandestinas, sufrimentos e un beneficio claro para toda a sociedade. Curiosamente, unha información de tanto calado, non ocupou o espazo que merecería nos medios polo que lectores/as e audiencias véranse privados do seu coñecemento cunha mínima pr...

[A Xanela das Fucas] Acción Global polo Clima

Comenzamos o programa recordando o pasamento de Paloma Rodríguez Vazquez, sucedido esta semana…… Seguirás sempre moi presente con todas nós. Este venres 19 de marzo, hai unha Acción Global polo Clima, en miles de lugares, pobos e cidades, terá lugar unha mobilización popular en defensa do planeta. O movemento internacional "Fridays for Future" convoca esta acción mundial, na Galiza son máis de 85 organizacións e colectivos os que conflúen no Movemento Galego polo Clíma, que convoca accións locais en cidades e vilas da nosa Terra. Lucía, unha das compañeiras de Fuco Buxán acude o programa para recordarnos que o quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de satisfacer as necesidades vitais das persoas. Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. ...

Polo noso futuro: 10 de marzo | Día da Clase Obreira Galega

A A. C. Fuco Buxán manifesta o seu apoio á folga xeral convocada polos sindicatos en defensa da comarcas para o día 10 de marzo. A elección dunha data como o 10 de marzo non é unha casualidade, ten un significado, é o corenta e nove aniversario dun fito histórico como foron os sucesos de 1972. Unha mobilización dos traballadores de Bazan Ferrol, en demanda da negociación dun convenio propio –a causa da reivindicación deste convenio era que os Xurados de Empresa do sur estaban controlados pola Dirección a diferenza do Xurado de Ferrol, cuxo peso determinante era de militantes comunistas de comisións obreiras -foi disolta por disparos da policía franquista causando decenas de feridos de bala e a morte de Daniel Niebla e Amador Rey. O 10 de marzo de 1972 foi un acontecemento histórico na loita do movemento obreiro polos seus dereitos e lograr unha sociedade máis xusta e democrática. Estaría ben lembralo, nestes momentos de reinterpretación da Memoria Histórica. A democracia foi posible p...

Día Internacional da Muller Traballadora [Manifesto de Fuco Buxán]

Vai tres anos que este día supuxo un punto de inflexión para o movemento feminista xa que, en 2018, vivimos manifestacións cun apoio masivo da cidadanía. Este ano acompáñannos unhas circunstancias excepcionais que, a pesar de todos os falecementos que ocasionou, puidemos recoñecer e valorar aqueles traballos e/ou empregos que resultan esenciais para poder desenvolvernos, os relativos aos coidados, os cales son exercidos na súa gran maioría por mulleres e, en moitos casos, mulleres migrantes. Neste sentido, o Concello de Ferrol e as institucións acordaron homenaxear este ano ao Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que esta decisión pode ter transcendencia para que a opinión pública valore otraballo realizado por un colectivo altamente feminizado, desde Fuco Buxán consideramos que esta homenaxe non pode quedar no plano simbólico, senón que é necesario que se materialicen unhas condicións laborais dignas e que a súa profesionalización encádrese en servizos socio-sanitarios. Manifestación 20...

Denuncia dun grave caso de explotación laboral e campaña para o recoñecemento de protección das vítimas (Comunicado de prensa do Foro Galego de Inmigración)

Ao final do pasado verán tomamos coñecemento de que “un empresario" da zona de Santa Comba, mantivo traballando en situación de escravitude a varias persoas en situación irregular, sen contratar, abonar ningún salario e pedindo pagamentos por aloxamentos dos que finalmente eran expulsadas ou directamente non existían. O obxecto do contrato eran traballos agrícolas, e as compañeiras prestaron servizos pechadas en naves e fincas, con prohibicións de comunicarse, e obrigadas a agocharse das autoridades (GC e Inspección de Traballo), coa expresa prohibición de contarlle a ninguén a súa situación. O empresario investigado, cobroulles sumas entre os 420 e e os 1500 € por regularizar a súa situación, autorizacións de traballo e residencia que nunca chegaron e nunca foron sequera tramitados. Ademais, encargábase persoalmente da captación, traslado e aloxamento de man de obra gratuíta e en situacións inhumanas. A situación chegou ao punto de que un dos traballadores, mentres tomaba probas ...