Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición argumentada sobre novos elementos e áreas de actuación que se deberían considerar nas políticas de igualdade.

Contexto. As políticas de igualdade comezan a institucionalizarse a través da creación de organismos que actuaban concretamente en materia de igualdade mediante plans, leis, medidas, etc., sobre xénero, a raíz dun proceso de europeización e desde unha perspectiva socialdemócrata. Con todo, co auxe da crise e o desenvolvemento das políticas neoliberales prodúcese un progresivo desmantelamento das políticas sociais e de igualdade e o retroceso para os dereitos das mulleres que isto conleva, mostran unha falta de priorización en materia de políticas sociais cando estas entran en conflito con intereses de índole económica, tanto por parte de gobernos conservadores como socialdemócratas (Lombardo e León, 2014, p. 14). Neste sentido, estanse eliminando organismos e institucións dedicadas principalmente á igualdade, e os que nos son eliminados reciben un rango inferior. Deste xeito as políticas públicas pecan dun sesgo androcéntrico co que se configurou o modelo de cidadanía europea (Castr...

Economía feminista: Os coidados

A través dos seus artigos, Cristina Carrasco Bengoa nos propón unha alternativa á denominada economía ortodoxa para producir un cambio de paradigma. Dita proposta básease no discurso da economía feminista de poñer a vida no centro, desplazando o capital, mediante o concepto dos coidados e a súa repercusión no sistema económico actual. A economía feminista é un dos enfoques heterodoxos que denuncia as desigualdades que provoca sistema económico capitalista actual pero ampliando a mirada e adoptando nos seus postulados e análisis o traballo doméstico e de coidados para abarcar as desigualdades entre homes e mulleres, pois este sistema peca dun sesgo andocéntrico que invisibiliza os traballos realizados por as mujeres fora do mercado laboral e desvaloriza os que se realizan en dito mercado. Polo tanto, a economía feminista pretende un cambio da realidade socio-económica para fomentar unha sociedade máis equitativa e vivible. “La economía feminista cambia la perspectiva, flexibiliza...

Manifesto en apoio á folga estudantil do 14N | #14NHuelgaEstudiantil

A asociación cultural Fuco Buxán apoia a vindeira folga estudiantil do 14 de novembro con un marcado carácter feminista. O sistema educativo é un pilar fundamental para mudar os prexuízos e os estereotipos de xénero.  Se facemos un breve repaso histórico apreciaremos como a escola foi obxecto das institucións políticamente dominantes, é dicir, con poder, as cales servíronse dela para crear unhas tipoloxías de individuos según as necesidades do sistema. Nun primeiro momento, co nacemento dos Estados-nación buscouse formar individuos nacionalista cun alto sentimento patriótico. En segundo lugar, coa industrialización, a escola convírtese no mecanismo para adoctrinar obreiros individualistas e competitivos. En terceiro lugar, encontrámonos co franquismo e os seus ideais conservadores según os cales establécese unha educación segregada por sexos. En cuarto lugar, tras a transición democrática, a educación básease en formar cidadanos e cidadanas. E, en último lugar, o que nos corr...

Acceso das mulleres ao sistema educativo. Coerción, consentimento e coeducación.

A socialización cultural é aquela aprendizaxe de unha serie de normas informales, coercitivas, que se aprenden por imitación, consellos, tradición, etc., que son incuestionables e referencia de conductas. De esta manera, a través dos sistemas de dominación, xa sexan económico-políticos ou ideológicos, como o nacionalismo, xa sexan culturais como o patriarcado , asentouse unha relación de dominio-sumisión exercida do home á muller en todos os ámbitos da vida. Hoxe, ocúpanos a educación das mulleres e o seu acceso á mesma. Os obstáculos que encontráronse as mulleres á hora de acceder á educación correspóndense coa existencia dun sistema andocéntrico que esgrimiu diferentes argumentos para excluir ás mulleres da vida pública. Así, encontrámonos con lexislación, discursos e conductas que fomentaban esta idea. Neste sentido, cabe mencionar algúns exemplos.  En 1813 redactouse o primeiro informe liberal que asentaba as bases dun sistema educativo español, o Informe Quintana. Ést...

Comunicado en apoio á decisión do Resurrection Fest

Tras a polémica surxida por a confirmación da banda estadounidense As I Lay Dying no Resurrection Fest para a edición do ano 2019, A Xanela das Fucas, como área da muller da asociación cultural Fuco Buxán, quere manifestar o seu total apoio a decisión tomada pola organización do festival de retirar a banda.  A polémica xordeu porque o cantante de devandito grupo, Tim Lambesis, estivo en prisión por contratar a un sicario para intentar matar a súa exparella. Nun festival onde nada máis entrar no recinto encontrámonos con un punto lila ou violeta para fomentar espazos libres de violencias machistas é incoherente a participación de dita banda no festival.  Tras diversas peticións para cancelar o concertó de este grupo, a organización lanzou un comunicado confirmando que esta edición non contará con As I Lay Dying porén, querían contar co mesmo como unha forma de apoiar o dereito á reinserción social: "Creemos en la reinserción social y en el derecho a las personas a reha...

Presentación do libro Le Temps des Cerises (Ángel Cardín)

  Presentación do libro de Angel Cardín : “ Le Temps des cerises  ( a vida na prisión naval de Ferrol do caudillo  1968- 69-70 ) “ Venres, 15 de setembro de 2017 ás 20 h. Editado por Fundación 10 de marzo . O libro leva Prólogo do historiador José Alvarez Junco  (un dos  máis respectados de España) Ademais do autor, que comentará unha ducia de diapositivas referentes ao tema, contaremos ca presenza de Rafael Pillado, sindicalista fundamental naqueles difíciles momentos ; de Xan María Castro, veterano sindicalista e Presidente da Fundación 10 de marzo, e de Juan Sotres, economista madrileño, que estivo na Prisión de Caranza na dura época que narra o libro . O libro non son unhas memorias nin unha novela senón un relato-testemuño ( baseado en papeis da época) da vida na Prisión Militar de Caranza para mariñeiros do Norte de España, nos finais do franquismo, repasando os diferentes presos, de onde veñen e como os xulgan; a durez...

ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA

Reproducimos a continuación a nota de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol : ALEGACIÓNS DO CCE CONTRA A AMPLIAZÓN DA CONCESIÓN A REGANOSA O CCE ven de presentar diante a Autoridade Portuaria de Ferrol-S.Cibrao o documento de Alegacións contra a proposta de prorrogar por 5 anos mais a Concesión a Reganosa, despois de que no 2015 xa prorrogara a concesión por 15 anos. Un documento donde se proba que as pretensións de Reganosa carecen de fundamento. Segundo os representantes de Reganosa dado que, a concesión outorgada en Maio de 1997 foi para usos de Forestal, consideran que as obras realizadas por Forestal nos anos 1999 e 2000 son as iniciais e que as inversóns realizadas a partires do 2004 na construción da planta de gas (o non estar previstas na concesión orixinal) serian consideradas unhas inversións a maiores, superando o 20% da obra de Forestal, o que lles permitiria solicitar a ampliazón da concesión. Unha vez mais atopamonos no proceder fraud...