Saltar ao contido principal

Publicacións

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL

Prevista a entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL, o número 226, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN Lúns 21 de Agosto 2017, ás 8 da tarde. Peirao de Coruxeiras – Ferrol PLANTA DE GAS: PECHE XÁ!

Esquerda Unida denuncia a porta xiratoria de José Manuel Rey Varela para no consello de administración da planta ilegal de Reganosa

Esquerda Unida denuncia a porta xiratoria de José Manuel Rey Varela para no consello de administración da planta ilegal de Reganosa: http://esquerdaunida.org/esquerda-unida-denuncia-a-porta-xiratoria-de-jose-manuel-rey-varela-para-no-consello-de-administracion-da-planta-ilegal-de-reganosa/

78 anos do asesinato das 13 rosas

Monumento a «Las Trece Rosas» en el Cementerio de la Almudena, Madrid (España). Álvaro Ibañez CC BY-SA 3.0 Hoxe cúmprense 78 do asasinato das 13 rosas polo réxime franquista. Homenaxe do grupo Barricada ás 13 rosas: Máis información: https://es.wikipedia.org/wiki/Las_Trece_Rosas

Nosa Enerxía: a primeira cooperativa galega adicada á comercialización da electricidade

Artigo no diario público sobre Nosa Enerxía, cooperativa galega adicada á comercialización da electricidade: http://www.publico.es/economia/cientos-consumidores-unen-frente-al.html https://www.nosaenerxia.com/

Presentada proposición de lei sobre a reforma das pensións

Hoxe é un día importante no Congreso: rexístrase a Proposición de Lei sobre a reforma das pensións, froito de meses de traballo e xornadas de debate entre expertas e expertos de todo o Estado. Ás 11.30h, a deputada Yolanda Díaz participou no rexistro xunto a Pablo Iglesias, Nacho Álvarez e Juan López Gandía. Esta Proposición de Lei é unha firme aposta polo sistema público da Seguridade Social a través dun aumento dos ingresos. Os puntos principais son: Fixar a idade ordinaria de xubilación nos 65 anos. Cálculo da base reguladora: a persoa pensionista podréra elixir a base reguladora de entre os 240 mellores meses ao longo da súa vida. Subida da cuantía das pensións mínimas. Supresión do factor de sostenibilidade e revalorización anual das pensións en función do IPC previsto. Melloras na financiación do sistema de Seguridade Social. Réxime especial do mar: establecer coeficientes en función do traballo realizado, a súa penosidade e a duración do tempo pasado lonxe da casa, ...

Solicitude do CCE ante Tribunal Xustiza Unión Europea, relativa a REGANOSA

Achegamos a nota de Prensa do CCE: Solicitude da “Cuestión Prexudicial” ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, relativa á Planta de Gas de Reganosa. A loita contra a ameaza, a ilegalidade e a corrupción no caso Reganosa continúa. O CCE a través da súa asesoría xurídica ven de formular o 28 do actual, a solicitude da Cuestión Prexudicial ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea., no recurso contencioso-administrativo contra a segunda modificación do PXOM de Mugardos que pretende legalizar a planta de gas de Reganosa, pendente de votación e fallo no Tribunal Supremo. Trátase a través deste procedemento de valorar si se cometeu un fraude de Lei, e por ende, unha desviación de poder, ao utilizar a escusa da adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Mugardos á Directiva 2001/42/CE de Plans e Programas, para así legalizar un uso e unha instalación declarada ilegal (a Planta de gas de Reganosa acumula catro sentencias condenatorias), mediante unhas no...

Nova entrada de un gaseiro na ría: Martes 27. Peirao de Coruxeiras CONCENTRACIÓN ás 20 hs.

O CCE convoca unha nova concentración debido á entrada na nosa Ría dun gaseiro cargado de GNL, o número 225: CONCENTRACIÓN martes 27 de xuño, ás 8 da tarde. Peirao de Coruxeiras – Ferrol PLANTA DE GAS: PECHE XÁ! Ademáis, o CCE ven de publicar unha nota de prensa sobre a PNL relativa a REGANOSA presentada no Congreso por EnMarea