Saltar ao contido principal

Publicacións

Vídeo e audio da presentación do libro "La revolución árabe" de Mohamed Safa

Vídeo da presentación do libro na nosa canle de YouTube: Audio da presentación do libro na nosa canle de Ivoox, para escoitar on-line ou descargalo no teu dispositivo:

Puntualización do CCE sobre a entrada do último gaseiro

Puntualizacións sobre a entrada a Reganosa do gaseiro “Al Utouriya” Con motivo da entrada na Ría, o pasado martes,  do gaseiro “Al Utouriya”, cargado de GNL, os medios de comunicación daban a noticia como un novo fito para REGANOSA. ¡O maior gaseiro que entrou ata agora!. Certo é que polas súas dimensións é o maior dos que entraron, o que nunha primeira lectura traduciríase como un éxito polo abaratamento de custos, con todo  isto non é así. Aínda que o gaseiro é o maior, veu con 2/3 da súa carga nominal. En concreto descargou, entre os días 25 e 26 de abril, 140.500 m3 (datos de Enagas Gestor), cando a súa capacidade máxima, e así o anunciaban aos catro ventos, é de 215.000 m3. A razón pola que veu con carga reducida é moi sinxela: a canle de entrada está limitado en calado. Este buque ten un calado máximo de 12,3 metros, pero entrou con 11,1 porque está obrigado a deixar unha marxe respecto ao fondo dun 12 % do seu calado. Unha vez máis queda en evidencia que a ...

Presentación do nº40 da Revista de Fuco Buxán e conferencia de Cristina Fallarás - Xoves 27 de abril, 19:30h, C. Torrente Ballester

A A. C. FUCO BUXÁN convídate á próxima presentación do Nº40 de FUCO BUXÁN - a revista , que enmárcase dentro da conferencia “Xornalismo, poder mediático e prensa alternativa” impartida por Cristina Fallarás que terá lugar o o vindeiro xoves 27 de abril ás 19.30h no Centro Cultural Torrente Ballester , na Sala de Proxectos . Cristina Fallarás Sánchez (Zaragoza, 1968) é periodista (Universidade Autónoma de Barcelona) e escritora. Na súa traxectoria como periodista destaca a súa faceta como directora de diario16.com así como da edición catalana de El Mundo. Tamén, traballou en Cadena Ser, Radio Nacional de España, El Periódico de Cataluña, Antena 3 TV e Telecinco. Actualmente participa no programa Las Mañanas de Cuatro e podemos ler os seus artigos no diario dixital ctxt.es. Como escritora, cabe destacar a obra ‘Las niñas perdidas’, pola cal foi galardonada co Premio de Novela Negra L'H Confidencial 2011 e Premio Hammett 2012 (Semana Negra de Gijón), convertíndose con est...

A Marcha Mundial das Mulleres convida a unha Batukada feminina

O próximo 30 de abril, no Carballo Calero, a Marcha Mundial das Mulleres convida a unha Batukada feminina. De 11h a 14h será o taller de instrumentos, e de 16h a 19h a batukada.

Concentración contra a entrada do gaseiro nº223, o máis grande ata agora

Estando prevista, a entrada na Ría do gaseiro nº 223, cargado con GNL- "Al Utouriya"-, O BUQUE DE MAIOR TAMAÑO DOS CHEGADOS ATA AGORA, o Comité Cidadán de Emerxencia, convoca: CONCENTRACIÓN martes, 25 de abril 2017 ás 20 horas, (oito da tarde) HORARIO DE VERÁN diante do Edificio da xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) Características do buque: Bandeira .- Islas Marshall, Eslora.- 315 m, Manga.- 50 m, Calado.- 12.3 m, Capacidade.- 215 000 m3   Fonte : https://cociudem.wordpress.com/2017/04/21/martes-25-concentracion-gaseiro-no-223/

Ciclo "Democracia e Compromiso": presentación do libro "La revolución árabe" de Mohamed Safa - Xoves 20 de abril, 19:30h, Ateneo Ferrolán

A A.C. FUCO BUXÁN convídate á presentación do libro que leva por título LA REVOLUCIÓN ÁRABE . Democracia, nacionalismo, religión y Palestina como nudo gordiano (Editorial Hoja de Lata) polo seu autor MOHAMED SAFA, oftalmólogo, activista i escritor palestino afincado en España. Mohamed Safa cursou os seus estudos de medicina en Santiago de Compostela, reside en Corcubión i exerce a súa profesión en Cee, no hospital Virxe da Xunqueira. A obra que ven a presentar analiza os levantamentos que tiveron lugar nas últimas datas en Oriente Medio e a estreita relación entre a inestabilidade nos Países Árabes do Mediterráneo e a ocupación israelí de Pales- tina, un longo conflito que complica a eleción de Trump nos EEUU. O libro cuestiona mitos e afirma que a Primavera Árabe supuxo un impulso democrático cara ó futuro detido pola resposta violenta e a inxerencia extranxeira. O autor aposta pola causa xusta da loita palestina, o respeto á legalidade e a asunción das resolucións da ONU nun intre...

O CCE precisa axuda económica para continuar procesos xudiciais

Estimad@s simpatizantes na causa contra a planta de gas de Reganosa, O pasado verán de 2013, fixémosvos unha solicitude de apoio económico, que tivo unha resposta extraordinaria, superando os 3.000 €. Queremos agradecérvolo a todas aquelas persoas que fixéchedes este importante esforzo. Como sabedes desde hai case 13 anos, contamos coa inestimable colaboración totalmente gratuíta de vari@s avogad@s, en Ferrol, Coruña e sobre todo en Madrid, que nos permitiron iniciar e continuar os procesos xudiciais contra as diferentes fases de aprobacións da planta de gas, sen que isto supuxera maior gasto que o pago aos procuradores, de moita menor cuantía que o que serían as minutas d@s avogad@s. Recordarvos de novo que a lei de taxas 10/2012 do 20 de novembro, supuxo un cambio e unha barreira importante para poder continuar cos procedementos que temos en marcha. Para unha interposición de recurso contencioso administrativo hai que ingresar 350 € máis un tanto por cento (0,5 % ou 0,25 % ) do va...