Saltar ao contido principal

Publicacións

8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

  A Coordinadora Local de Ferrolterra Da Marcha Mundial Das Mulleres , Como cada ano: CONVIDAMOS A TODA A CIDADANÍA A SUMARSE A NOSA VOZ NESTE 8 DE MARZO,DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES. AS 19 hs Ma Praza do Inferniño, baixo o lema : AS MULLERES DECIDIMOS ! ! PARTICIPA-DIFUNDE ! "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolterra@gmail.com www.feminismo.info https://www.facebook.com/marchamundialmulleres.galiza twitter.com/MMMGaliza =================================================================== O Concello acollerá mañá a homenaxe á Muller do Ano 2017 de Narón con motivo dos actos do 8 de Marzo. Neste 8 de Marzo adicado á Muller, queríamos por en valor o traballo de miles de mulleres que traballan na confección da nosa roupa e tan invisibilizadas pola moda e as marcas. Son millóns de mulleres que como as nosas Pura, María, Leonila, Sabina, Angustia e María Graña que despois de moito tr...

Amnistía Internacional Santiago - Eu acollo. Inauguramos cidade : sábado 4 de marzo, 12h, Santiago de Compostela

Compartimos a invitación que nos chega dende o Grupo de Amnistía Internacional de Santiago para unha concentración o vindeiro sábado 4 de marzo : Amigas e amigos: Como sabedes, o Goberno de España comprometeuse a dar asilo a 17.337 persoas, das que apenas chegaron, á data de hoxe, 1.100.   A este ritmo, non cumpriremos co noso compromiso ata o ano 2025. Hai que resolver esta lamentable situación, e os concellos teñen moito que dicir. A resposta do Concello de Santiago de Compostela é a de comprometerse a acoller dez familias de persoas refuxiadas.   Xa que logo, temos o pracer de vos convidar á inauguración de Santiago de Compostela como cidade acolledora, que terá lugar o vindeiro sábado 4 de marzo , ás 12.30 h diante do concello ( Praza do Obradoiro ).   Contaremos coa representación da totalidade da Corporación municipal (Goberno Municipal, Grupo Municipal do PP, Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e Grupo Municipal do BNG), apoiando á cidade que queremos, ...

Estrea de "Neckan", sobre os bebés roubados no franquismo - Venres 3 de marzo

Compartimos a seguinte información sobre a estrea este venres 3 de marzo da película "Neckan" baseada en temas como os bebés roubados no franquismo. Estimados amigos,   Como os anunciamos hace unos días, el 3 de marzo se estrenará “Neckan”, una película de suspense e intriga en la que se abordan temas como los bebés robados en el franquismo. Dirigida por Gonzalo Tapia y protagonizada por Pablo Rivero (“Cuéntame”), “Neckan” está situada en los años 50, al final del protectorado español de Marruecos, cuando un anónimo cambia definitivamente la historia de un joven abogado (Pablo Rivero) perteneciente a una influyente familia franquista. La investigación de los niños robados saldrá de una sombra de dudas llevando al protagonista por un camino sorprendente e inesperado. Os agradeceremos muchísimo la difusión que podáis hacer del estreno. La lista de ciudades y salas donde se proyectará la película es la siguiente, aunque os recomendamos que consultéis la cartelera p...

ASC Muíño do Vento - Conferencia "Aforro e Eficiencia Enerxética": xoves 2 de marzo, 20h

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a ASC Muíño do Vento para este xoves 2 de marzo :

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Nota de prensa sobre recortes en convocatorias de prazas da sanidade pública

Compartimos esta nota de prensa da AGDSP respecto aos recortes nas convocatorias de prazas á sanidade pública: Ante a información de que a Xunta de Galicia decidíu reducir a metade, a oferta de prazas sanitarias previstas para este ano, alegando problemas na aprobación dos orzamentos do Estado, desde a AGDSP queremos comunicar que: 1.- Esta decisión supón perpetuar a situación de urxencia do sistema sanitario público e o déficit de recursos sanitarios que soporte a nosa Comunidade Autónoma, trala perda de 1.795 prazas, das que 1.154 foron en AP e 641 en hospitais: 513 de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), e 184 de enfermaría. Estes recortes explican as insoportables listas de agarda hospitalaria, demora nos Centros de Saúde ou os colapsos nas urxencias hospitalarias. 2.- A suspensión da oferta de prazas, perpetuará a decadencia e o deterioro do SERGAS, e abren as portas ás empresas multinacionais que están comprando centros na nosa Comunidade como Quirón ou HM Hospitais....

Plataforma Remunicipalización Ferrol - Concentración polo Saneamento: contra a Taxa, por unha Emafesa 100% Pública, Depuración XA!!!: Mércores 1 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza da Ilustración

Compartimos o chamamento que fan dende a Plataforma Remunicipalizar Ferrol para convocar unha concentración o vindeiro mércores 1 de marzo polo saneamento da ría e contra as taxas inxustificadas: Despois dos Plenos Extraordinarios, do 13 e 22 de febreiro, para abordar o asunto do Saneamento e a Taxa; e das reunións co Alcalde, unha antes de cada pleno, mais sen suceso ningún, coa postura do goberno municipal tomada e sen querer escoitar, vemo-nos na obriga de comezar a expresar as nosas opinións e reivindicacións, xa non só en roldas de prensa, comunicados e intervencións nos plenos, senon coa Mobilización Social.  Hai un problema de fondo que non damos superado, hai certo tapar orellas ás propostas razoadas e ben argumentadas do movemento social que representamos, ao que antes mesmo pertencía e participaba activamente, o actual alcalde Jorge Suárez. Fai-nos pensar que este Alcalde que se esquece que está na alcaldía polos votos propios, e polos dos outros dous partidos que ...

Mostra "Cinema e Sociedade 2017" sobre o cancro - mércores 1 de marzo, 20h, Ateneo Ferrolán

Compartimos a invitación que nos fan chegar dende a Asociación Cultural Conxeito para un novo evento dentro da Mostra "Cinema e Sociedade 2017" e que tratará sobre o cancro para este mércores 1 de marzo ás 20h no Ateneo Ferrolán :