Saltar ao contido principal

Publicacións

Marcha Mundial das Mulleres - Concentración en repulsa polo asasinato machista no Carballiño: martes 31 de xaneiro, 20h

Compartimos a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres e convidámosvos a participar nela: A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACIÓN DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE Virginia F.V. no Carballiño. Unha vez máis sairemos á rúa para amosar a nosa indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Virginia foi asasinada polo seu marido pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas. Sairemos novamente para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade. É precisa unha resposta social contundente contra a violencia machista. Non consentiremos que a violencia machista continue asasinándonos!!!! O MARTES 31 DE XANEIRO ÁS 20:00H NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolterra@gmail.com www.f...

Salvar Sargadelos Ferrol - Comunicado e nova convocatoria de concentración para este luns 30 de xaneiro

Compartimos unha nova convocatoria da plataforma cidadá "Salvar Sargadelos" para este luns 30 de xaneiro: CONVOCATORIA de CONCENTRACIÓN da PLATAFORMA SALVEMOS SARGADELOS. LUNS, DÍA 30 DE XANEIRO , ÁS 19:30 , DIANTE DA GALERÍA SARGADELOS - A Plataforma “ Salvar Sargadelos Ferrol” Convoca a cidadanía, Grupos políticos, Asociacións, Sindicatos... a asistir a unha nova concentración o vindeiro luns, día 30 de xaneiro, ás 7:30 da tarde, diante da pechada Galería Sargadelos, para dar conta e informar da situación e dos pasos que se están dando en defensa da Cultura SARGADELOS. LAMENTAMOS e REXEITAMOS que este día 26 de xaneiro se producira o PECHE desta Galería Sargadelos a cal estivo ligada a esta cidade de Ferrol durante 26 anos e que rematou a súa actividade cultural e social co peche de súas portas. Esperamos que novos tempos sexan chegados, desexando a súa nova reapertura. Informamos que teremos unha entrevista co escritor, intelectual e presidente da Ac...

Memoria Histórica: resumo de actividades da semana pasada

Compartimos con vós as imaxes da homenaxe a Amada García e aos represaliados pola Ditadura fascista, Acto Institucional do Concello de Ferrol realizado coa colaboración da Asoc. Memoria Histórica Democrática, celebrado o pasado 27 xaneiro 2017, no Castelo de San Felipe e Cemiterio de Serantes, e que podedes ver nas seguintes ligazóns: Álbums fotográficos: Álbum 1 Álbum 2 Tamén compartimos o poema de Xosé Torregrosa lido polo seu propio autor en honor a Amada García: AMADA MEMORIA Es el frío calor de enero quien nos devuelve su aroma a rosa recién cortada que se yergue y nos convoca… Sigue viva en el recuerdo, vencedora de las sombras, con un nombre hecho de Amor que resume su persona… II Amada García, la Madre, la llaman cuando la evocan… Por eso estamos aquí, en la hora de su hora, para sentirnos escritos, junto a ella, en su victoria: ayer, destinada al plomo; hoy, instalada en la gloria… Quien firmara tal sentencia, pol...

ADEGA premia a Patricia Gabeiras, Avogada do Comité Cidadán de Emerxencia, co premio Osíxeno 2016

A Asociación para a Defensa Ecoloxica de Galiza , ADEGA , acaba de outorgar o Premio OSÍXENO 2016 , categoría individual, a Patricia Gabeiras Vázquez , avogada e asesora xurídica do  Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol “polo seu denodado traballo en defensa da ría e da cidadanía e contra as ilegalidades de REGANOSA. Como resultado, conseguiuse a anulación por parte do Supremo da autorización da planta de gas e do proxecto de construción” . O CCE acolleu esta nova con enorme satisfacción, agradece a ADEGA esta distinción e felicita efusivamente a Patricia Gabeiras por tan merecido premio ao seu acertado, desinteresado e comprometido traballo en defensa da legalidade, da Ría e da vida dos seus habitantes, desde fai máis de quince anos. Nesta 16ª edición dos Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016, ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da euc...

Mesa Redonda "Lembrando a Quessada" o venres 27 ás 20h e colocación de placa de recoñecemento o sábado 28 ás 11h

Dende Fuco Buxán convídavos á mesa redonda que leva por título LEMBRANDO A QUESSADA , na que intervirán o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero , o Presidente da A.C. Fuco Buxán Rafael Pillado e o Concelleiro de Cultura de Ferrol   Suso Basterrechea . O Vicepresidente da Fundación Xaime Quesada Blanco José Gómez Alén , comisario da mostra, fará a presentación do catálogo da exposición que se entregará ós asistentes. A devandita mesa terá lugar o vindeiro venres 27 de xaneiro , -día internacional das vítimas do holocausto- no Centro Cultural Torrente Ballester ás 20:00 h . Ó día seguinte, sábado 28 de xaneiro , ás 11:00 da mañá , poñeremos unha placa de recoñecemento a Xaime Quessada ó pé dun castaño na rúa Lepanto, fronte ó local da A.C. Fuco Buxán e como remate da homenaxe.

O Seminario Galego de Educación para a Paz concede ao Foro Galego de Inmigración o premio Portapaz 2017

Compartimos a publicación que fai o Foro Galego de Inmigración - Ferroterra anunciando que o Foro Galego de Inmigración foi escollido como destinatario do premio Portapaz 2017 . Dende aquí, a nosa noraboa. ¡Estamos de noraboa! O pasado luns recibimos comunicación do   Seminario Galego de Educación para a Paz   para informar que   acordaran concedernos ao Foro Galego de Inmigración   o seu premio anual: o coñecido, e prestixioso, premio   PORTAPAZ , que se entrega pola defensa dos valores que se corresponden cunha cultura de Paz. O   acto de entrega   será o vindeiro   venres día 27 de xaneiro , ás   19:30h   no   auditorio da Obra Social ABanca , na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela. O premio non ten dotación económica, pero sí un importante valor simbólico.

Asociación Memoria Histórica - Exposición, conferencia e vindeiros actos

O pasado martes 17 de xaneiro, quedou aberta, no Colexio de O Feal, Narón, a Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen” , da Asociación Memoria Histórica Democrática , na que se recupera a memoria dos veciños da comarca que estiveron no campo de concentración nazi da localidade austríaca. Pódese visitar en horario escolar. O vindeiro LÚNS, 23 DE XANEIRO , terá lugar, nese Colexio, ás 16,30 hs , una conferencia co mesmo título impartida polo Historiador e Directivo da Asociación, Enrique Barrera https://www.youtube.com/watch?v=LMSpEoRtyGM Próximos actos da Asociación Memoria Histórica Democrática: O 24 de xaneiro, ás 20:00h no Ateneo Ferrolán O 27 de xaneiro  coinciden as dúas conmemoracións. ás que convidamos a asistir a toda a cidadanía: Día Internacional de Conmemoración anual en memoria das vítimas do Holocausto . Actos institucionais e Acendido de candeas, nos Salóns de Recepcións dos Concellos de Narón ( 10,30 hs ) e de Ferrol ( 12,30 ...