Saltar ao contido principal

Publicacións

Asemblea Aberta de Coia - "Quérennos en soidade, téñennos en común", sobre a loita veciñal en Coia e solidariedade con Diego Lores

Por mediación do Foro Galego de Inmigración de Ferrolterra , a Asemblea Aberta de Coia e a Coordinadora Baladre organizan este luns 9 de xaneiro , ás 19:00h  no Ateneo Ferrolán un acto sobre a loita veciñal contra a instalación do Alfageme na rotonda de Coia, e en solidariedade coas persoas represaliadas, concretamente de Diego Lores. Compartimos o texto da convocatoria, e convidámosvos a participar nela: 8 ao 14 de xaneiro Semana solidaria coa loita na rotonda de Coia – Diego Absolución! A Asemblea Aberta de Coia e Baladre (Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social) organizamos unha semana de palestras e proxeccións en solidariedade coa loita na rotonda de Coia que leva por título: “Quérennos en soidade, téñennos en común”. A xira procura sumar apoios a Diego Lores , unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda deste barrio vigués. O 17 de xaneiro celebrara...

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública - Resumo do ano 2016

Compartimos o informe que nos fan chegar dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública de balance da sanidade neste ano 2016: Se mantén a insuficiencia económica: O orzamento sanitario público baixou un 18.3% desde 2009, sendo a Atención Primaria a mais prexudicada con un 22.3% fronte a un 0.2% da hospitalaria. Falta persoal: Desde o inicio da crise perdéronse 1.795 prazas na sanidade pública, 1.154 en AP e 641 nos hospitais: 513 prazas de médicos (392 en AP e 121 en hospitais), 184 prazas de enfermería hospitalaria e a 1.121 prazas de persoal non sanitario. Faltan camas: Pese a eliminarse 447 camas hospitalarias públicas este verán pecháronse máis de mil. Segue vixente o Real Decreto 16/2012 que deixou sen dereito a asistencia a inmigrantes en situación irregular , mozos e mozas ou que emigraron mais de tres meses fora don Estado. O “Programa Galego de Protección Social e da Saúde Pública” e un parche que non resolve a vulneración do dereito a univer...

Club de Prensa de Ferrol - "Conversas no Parador" sobre resiliencia urbana

Compartimos o convite que fai o Club de Prensa de Ferrol para participar nun acto do seu ciclo "Conversas no Parador" que terá lugar o mércores 4 de xaneiro , ás 10:30h Maíta Fernández Armesto estará o vindeiro mércores, día 4 en Ferrol nunha nova edición de "Conversas no Parador" compartindo un almorzo con todos nós ás 10,30 h ao tempo de falarnos sobre a RESILIENCIA ou o que é o mesmo: a capacidade de asumir con flexibilidade situacións límite e sobrepoñerse a elas, pero desde a perspectiva das cidades. Posúe Ferrol Resiliencia? Saberémolo. Contamos convosco.

Colabora para que Luis Gonzalo Segura poida defenderse en Estrasburgo

No mes de marzo deste ano que remata, o noso -dende entón- amigo Luis Gonzalo Segura participaba nun acto do noso Ciclo "Democracia e Compromiso" presentando o seu último libro "Código Rojo", e no que, aparte de falar del, explicou a súa visión das nosas forzas armadas e os problemas que lle carrexara a súa actitude de denuncia de corrupción dentro do exército.  Lamentablemente, o pasado 14 de decembro, tódolos membros da Sala V de lo Militar do Tribunal Supremo decidían que non había lugar para Luis Gonzalo Segura nas nosas forzas armadas.  Pois ben, a Plataforma x Honestidad , que naceu co obxectivo de apoiar a Ana Garrido -a persoa que destapou a trama da Gürtel- e que máis tarde decidiría ampliar os seus obxectivos a defender e apoiar a persoas que denuncien ou queran denunciar casos de corrupción, está promovendo unha campaña para solicitar axudas económicas que permitan que Luis Gonzalo Segura poda presentar o seu caso ante o Tribunal de Estrasburgo. Com...

Pasamento de Joaquín Cupeiro, membro do Comité Cidadán de Emerxencia

Aínda que xa hai unha semana do seu falecemento, queremos lamentar a perda de Joaquín Cupeiro Rodríguez , amigo de Fuco Buxán e colaborador do Comité Cidadán de Emerxencia . Dende aquí, as nosas condolencias ás súas persoas achegadas. Compartimos o comunicado que facía hai unha semana o Comité Cidadán de Emerxencia: O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol lamenta o falecemento do compañeiro JOAQUÍN CUPEIRO RODRÍGUEZ tras longa enfermidade, que o tivo apartado nos últimos tempos das actividades. Joaquín foi, desde o inicio do Comité de Emerxencia, importante colaborador e entrañable amigo. Descanse en Paz.

Comité Cidadán de Emerxencia - Resumo de actividades do CCE no 2016 e feliz 2017

Compartimos con vos o video resumo de actividades de 2016 e a felicitación que envían dende o Comité Cidadán de Emerxencia : Estimados/as amigos e amigas O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol agradece a vosa colaboración de sempre, deséxavos unhas felices festas e agarda seguir contando con todas e todos, no 2017, para seguir traballando até facer realidade PLANTA DE GAS : PECHE XÁ! , e disfrutar unha Ría limpa, rica e libre de ameazas. Moitas grazas polo voso apoio. VÍDEO RESUMO DAS ACTIVIDADES 2016 -- Visita a nosa web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Asociación Memoria Histórica Democrática - Foto-Video resumo das actividades de 2016

Compartimos o seguinte foto-video realizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática no que fan un resumo das actividades que realizaron este 2016: Queridas amigas e amigos: No vindeiro 2017, coa colaboración de todas e todos, seguiremos traballando pola Recuperación da Memoria Histórica. Que pasedes unhas boas festas. Foto-vídeo "Resumo das Actividades no 2016". (duración: 4 min.)