Saltar ao contido principal

Publicacións

Comité Cidadán de Emerxencia - CONCENTRACIÓN, Gaseiro nº 218: venres 9, ás 19 h, diante da Xunta

Compartimos con vos o chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia a unha concentración por entrada dun novo gaseiro na planta ilegal de REGANOSA Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL. nº 218, o Comité cidadán de Emerxencia, convoca CONCENTRACIÓN venres, 9 de Decembro ás 19 h diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada Garcia - Ferrol

Esquerda Unida Ferrol - I Xornadas de Educación Inclusiva

Compartimos a invitación que a Área de Educación de Esquerda Unida Ferrol fai para asistir as I Xornadas de Educación Inclusiva que se van celebrar o próximo venres 9 de decembro ás 19 horas no Ateneo Ferrolán . Nestas xornadas tratarán de visibilizar a realidade educativa ao respecto da inclusión no noso país. Contarán coa presencia da Asociación Vida Activa, Asociación de Auxiliares Técnicos Educativos (ASATE) e TEIMA Asociación Síndrome Down. Máis información:  https://www.facebook.com/events/1694103547567617/ https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol

Unha pequena homenaxe á figura de Fidel Castro: "Fidel Castro, estela duradera" de Federico Mayor Zaragoza

Escollemos compartir con vos este artículo de Federico Mayor Zaragoza como unha homenaxe a Fidel Castro , polo equilibrado e acertado da análise que se fai da súa figura nel. Adiantamos que non nos contentaremos so con este pequeno xesto, e que en Fuco Buxán están a bulir varias ideas para por en relevancia a súa persoa e obra. Imaxe - Radio Cadena Agramonte (http://bit.ly/2gbgZLO) Fidel Castro, estela duradera Martes 29 de noviembre de 2016 Durante los años de la postguerra europea, al final de la década de los 40,s leía a Albert Camus y pasé luego algunos períodos de tiempo en Paris donde viví la perplejidad y expectación de los jóvenes que veían su futuro lleno de pasado. Más tarde, como Rector de la Universidad de Granada (1968 – 1972) sentí una gran curiosidad por conocer quién era y qué representaba el Comandante Castro que, con el Che Guevara, suscitaba tanta admiración en aquellas generaciones que, no exentas de razón como se ha visto después, se resistían...

AGAMME - Presentación do libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" : mércores 7 de decembro, 19:30h no Ateneo Ferrolán

Compartimos con vos a invitación que nos envían dende AGAMME para participar o vindeiro mércores 7 de decembro , ás 19:30h , no Ateneo Ferrolán o libro "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil"   Presentación do libro editado por AGAMME: "A resposta institucional ante o abuso sexual infantil" A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME) presenta o mércores 7 de decembro ás 19:30 no Ateneo Ferrolán o libro de edición propia A resposta institucional ante o abuso sexual infantil. No acto intervirán membros de AGAMME para expoñer os contidos e orixe da publicación, así como o proceso de realización da mesma. O texto, cofinanciado polo Parlamento de Galicia, pretende ofrecer unha ferramenta útil para coñecer certos aspectos do abuso sexual infantil que adoitan dificultar a comprensión das vítimas e en consecuencia o tratamento institucional que estas reciben. A resposta institucional ante o abuso sexual infantil consta ...

Marchas da Dignidade - Concentración en solidariedade con Emilio Cao: sábado 3 de decembro, 12h, O Carballiño (Ourense)

As Marchas da Dignidade chaman a participar a unha concentración pacífica o vindeiro sábado 3 de decembro , ás 12:00h , no Carballiño (Ourense) , en solidariedade con Emilio Cao e contra as leis mordaza . As Marchas da Dignidade de Ferrolterra asistirán a esta mobilización en vehículos particulares. Partirán cara aló este sábado 3 de Decembro, ás 9 da mañá, do Monumento 10 de Marzo, en Recimil.   Compartimos o comunicado da convocatoria: Supera xa o cento de persoas encausadas polas mobilizacións das Marchas da Dignidade. Os diferentes procesos xa iniciados atópanse en diferentes fases procesais máis o que de máis preto nos toca e o que lle afecta a Emilio Cao, un rapaz do Carballiño que formou parte da Columna Galega na movilización do 22M na que centos de galegas e galegos a título particular, outros embarcados na decena de autocares que se fletaron ou no emblemático “Tren da Dignidade”, levamos e paseamos a Dignidade Galega polas rúas de Madrid demandando PAN, TRA...

AGAMME - Campaña de apoio á denuncia presentada ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores

Compartimos con vos a seguinte campaña que están a promover dende AGAMME para apoiar e impulsar unha denuncia admitida a trámite pola Comisión de Peticións do Parlamento Europeo sobre maltrato a menores: Estimadas compañeiras: Hai un ano tres entidades (AGAMME, Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos de Vigo e Grupo de investigación “Antígona” da UAB) presentamos unha demanda perante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo denunciando o sesgo machista presente nos xulgados españois e como este feito afecta ás mulleres, nenos e nenas vítimas. Axunto enviámosvos o texto completo. En maio a Comisión informounos de que fora aceptada a trámite e dirixida á Comisión de Xustiza e Liberdades Civís e á de Igualdade e Violencia contra a Muller. Actualmente a Comisión de Peticións está a realizar un informe preliminar que determinará o peche do expediente ou a apertura dun proceso de investigación máis a fondo. Pedímosvos a vosa colaboración a través dalgunha das seguin...

Homenaxe póstumo a Marcos Ana

A semana pasada chegaban a Fuco Buxán as tristes novas da morte de Marcos Ana, poeta, militante do Partido Comunista, e o represaliado pola ditadura franquista que máis anos botou en prisión. Como homenaxe póstuma, decidimos poñer á vosa disposición unha serie de material que consideramos interesante, e que encabezamos co texto do artigo que lle adicaba Xesús Alonso Montero e que era publicado o pasado día 26 en La Voz de Galicia : Marcos Ana: a modo de epitafio Xesús Alonso Montero Tamén nos epitafios, ás veces, figuran uns cantos trazos biográficos. Lembro, neste momento, tan triste para min, o epitafio, no cemiterio de Mondoñedo, de Manuel Leiras Pulpeiro. Na súa campa, estes indispensables datos: «Médico e poeta (1854-1912)». E a continuación, o diamante destas palabras: «Amou a verdade e practicou o ben». Son as palabras que me gustaría pronunciar hoxe, ás cinco da tarde, en Madrid, ante o féretro de Marcos Ana: de Marcos Ana o amigo, o camarada, o compañeiro seguro, o hu...