Saltar ao contido principal

Publicacións

28 e 29 de outubro: Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala

O Concello de Ferrol , o Real Coro "Toxos e Froles" e a Real Academia Galega , organizan o Congreso Extraordinario "Terra de Trasancos" , os días 28 e 29 de outubro , baixo o título "Toxos, Ferrol e as Irmandades da Fala" . Neste ano 2016, no que se celebra o 100 aniversario da creación das Irmandades da Fala, o Real Coro Toxos e Froles leva adiante esta iniciativa na que busca salientar tanto o papel xogado pola nosa Entidade, coma a doutros persoeiros ferroláns, na difusión do ideario irmandiño. O programa do Congreso está conformado por mesas redondas, charlas e tamén aportacións de investigadores que queiran achegar os seus traballos a través de comunicacións, seguindo as bases do programa. Máis información : [Artigo orixinal]

Mostra "Cinema e Sociedade 2016" - Xoves 27 de outubro, 19h : A loita contra o cancro de mama

Este xoves 27 de outubro , ás 19:00h , no Ateneo Ferrolán , nova entrega da Mostra "Cinema e Sociedade 2016" , que neste caso estará adicada á loita contra o cancro de mama :

Xoves 27: Ruper Ordorika e Isaac Xubín, recital "Tempo de exilio" na Coruña

Compartimos esta invitación que fai a Editorial Kalandraka para asistir ao concerto que terá lugar este xoves 27 de outubro , ás 20:30h no espazo Linda Rama da Coruña: da man de Ruper Ordorika e Isaac Rubín, recitarán e cantarán a J. Sarrionandia. RUPER ORDORIKA E ISAAC XUBÍN INTERPRETAN A OBRA DE SARRIONANDIA NUNHA XIRA DE RECITAIS POÉTICOS EN COMPOSTELA, VIGO E A CORUÑA Os versos de Joseba Sarrionandia recompilados na antoloxía “Tempo de exilio”, soarán en galego e en éuscaro grazas ás voces do tradutor da obra na nosa lingua, Isaac Xubín, e do cantautor vasco Ruper Ordorika. Ambos protagonizarán unha xira de recitais poéticos que se van celebrar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o vindeiro 25 de outubro, no Café De Catro a Catro en Vigo o día 26, e o 27 no espazo Linda Rama da Coruña, todos ás 20:30 horas e con entrada de balde. “Tempo de exilio” –polo que Isaac Xubín recibiu o I Premio Etxepare-Laboral Kutxa de Tradución 2015– é a primeira escolma de poemas de Sar...

Mércores 26 de outubro - Mobilizacións contra a LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a LOMCE e as reválidas”. Neste sentido, o portavoz da plataforma, Anxo Louzao, presentou o manifesto da plataforma no que se sintetizan as razóns polas que a PGDEP se opón non só á LOMCE senón tamén á imposición das reválidas. A continuación, o calendario de accións previstas para este mércores 26 de outubro : No caso de Ferrol , farase unha concentración fronte o Edificio da Xunta (Pza Amada García) ás 19:00h . Esta plataforma tamén está a facer unha recollida online de sinaturas esixindo a eliminación das reválidas e a derogación da LOMCE. Para participar, basta con seguir esta ligazón: http://plataformagalegadefensaensinopublico.blogspot.com.es/2016/1...

SGHN - Sábado 22 de outubro: Memorial 200 anos de Juan Lembeye: as aves de Cuba

Este vindeiro sábado 22 de outubro , a partires das 16:30h , celebrarase no Salón de actos da SGHN- Ferrol , as conferencias en Lembraza do naturalista ferrolán Juan Lembeye Lartaud . O domingo 23 viaxarase en vehículos particulares a Culleredo para facer un itinerario interpretativo cultural e ornitolóxico.

Sábado 22, 19h na Coruña - Representación da obra "Abril de lume e ferro" de Manuel María

Compartimos esta invitación da Casa-Museo Manuel María para o sábado 22 de outubro: Prezadas/os amigas/os, Este sábado 22 de outubro o Centro Ágora da Coruña (Lugar da Agramela, 17 -por tras da piscina e do IES da Agra do Orzán) acollerá a representación da peza teatral de Manuel María "Abril de lume e ferro" , que correrá a cargo da Asociación de Cultura e Teatro Abril de Lume e Ferro de Carral, o grupo de teatro amador que a vén representando ininterrompidamente desde 1996. A entrada será libre até completar o aforo dispoñíbel do espazo.  Abril de lume e ferro foi escrita por Manuel María en 1974 –non viu a luz até a edición realizada polo Concello de Carral en 1989- e recrea os acontecementos que supuxeron o levantamento liberal e galego de 1846 que remataron co fusilamento das persoas sublevadas, os Mártires de Carral . A peza constitúe unha destacada achega á escena galega e fai parte destacábel da produción teatral de Manuel María, que se inicia en ...

CANCELADO - Homenaxe a Ángeles Rivera Torres "Gelines"

Por indisposición da homenaxeada, lamentamos anunciar que a homenaxe a Gelines queda adiada ata próximo aviso . Desculpade as molestias ocasionadas.