Saltar ao contido principal

Publicacións

Cine no Ateneo Ferrolán

Publicamos información sobre dúas iniciativas do Ateneo Ferrolán relacionadas co cine Martes de Cine 2016. Ciclo Hitchcock ás 19 h. Martes día 4 de outubro – "Alarma en el Expresso” Ano 1938 Duración 97 min. País Reino Unido Director Alfred Hitchcock Reparto :Margaret Lockwood, Michael Redgrave, Dame May Whitty, Paul Lukas, Basil Radford, Naunton Wayne, Cecil Parker Sinopse : Nun país centroeuropeo, o tren Transcontinental Express sofre un gran atraso a causa do mal tempo. Os pasaxeiros pernoitan nun pequeno hotel, onde Iris Henderson establece conversación cunha vella institutriz inglesa, a señora Froy. Pouco despois de renovar a viaxe, Iris dáse conta da desaparición da anciá, pero os demais pasaxeiros afirman que a súa amiga non existe e que ela sufriu unha alucinación. Martes día 11de outubro – "39 escalones” Ano 1935 Duración 120 min. País EEUU Director Alfred Hitchcock   Reparto : Robert Donat, Madeleine Carroll, Lucie Mannheim, Godfrey Tearle, Peggy ...

Universidade Sénior do Campus de Ferrol; prazas libres e ampliación do prazo de matrícula

Divulgamos o seguinte comunicado que nos chega dende a Universidade Sénior do Campus de Ferrol: Coincidiendo con el proceso de matrícula para el curso académico 2016-2017, la Universidad Sénior con su sede en el campus de Ferrol informa que, por no haberse cubierto la totalidad de las plazas ofertadas, se amplía el plazo de matrícula para los alumnos que quieran comenzar su programa de estudios universitarios. Consiste en estudios destinados a mayores de 50 años que ha concluido su vida laboral y demanda un nuevo tipo de formación actualizada y adecuada a sus inquietudes formativas e intereses culturales. No se exige ningún requisito académico, pueden acceder tanto personas con estudios primarios como con estudios universitarios. El programa de estudios universitarios, consta de un plan docente distribuido en cuatro cursos académicos, con tres materias (dos obligatorias y una optativa) por curso pertenecientes a todas las ramas del saber. Cada una de las materias ocupa una hora le...

Crowdfunding para libro de poemas do ferrolán Alberte Momán

Compartimos a invitación que recibimos de Alberte Momán Noval (Ferrol, 1976)  para recaudar fondos mediante unha campaña de crowdfunding coa fin de poder publicar o seu novo traballo: un conxunto de poemas baixo o título  A chuva que derrete o mármore até chegar ao cadáver. Para máis información sobre este traballo, o autor, e a forma de colaborar, podedes consultar a seguinte ligazón:  http://ppl.com.pt/pt/livros-de-ontem/chuva-cadaver

O Comité Cidadán de Emerxencia informa de nota de prensa de En Marea sobre REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia ven de informar dunha nota de prensa recollida na páxina web de “en Marea”.  Nela, e baixo o título "En Marea comprométese a cumprir as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza sobre Reganosa e repoñer a legalidade vulnerada" , En Marea lembra que “o Goberno da Xunta ten que velar polo cumprimento da lei” e no caso de Reganosa os días 28 e 29 de marzo de 2016, a Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou sentenzas, que, en sínteses, anulan a Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 3 de xuño de 2002 que outorgaba a REGANOSA a autorización administrativa previa para a instalación da citada planta de recepción, almacenamento e regasificación de GNL e a Resolución da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas de 13 de febreiro de 2004 relativa ao seu proxecto de execución das instalacións, respectivamente. A nota de prensa pódese ler no enlace https://enmarea.gal/nova/pro...

Comité Cidadán de Emerxencia - Concentración: Xoves 22 de setembro, 20 h, Praza Amada García, Entrada Gaseiro 215

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 215 "LNG Madrid Spirit", o Comité Cidadán de Emerxencia convoca CONCENTRACIÓN XOVES 22 de Setembro, ás 20 hs Diante do Edificio da Xunta de Galicia Praza Amada García - Ferrol   Caracteristicas do buque: Nome.- LNG Madrid Spirit, Bandeira.- España, Eslora.- 285 m, Manga.- 43 m, Calado.- 12,3 m, Capacidade..- 138.000 m3 de GNL PLANTA DE GAS:  PECHE XÁ! Máis información na web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995

Sepelio de Roberto Casteleiro

Informamos que o sepelio de Roberto Casteleiro, terá lugar o sábado día 17 de setembro ás 16:00 horas no cemiterio municipal de Catabois en Ferrol. A nosa asociación sumase ás condolencias e envía unha calorosa e agarimosa aperta á familia e aos amigos do inesquecible "Caladiño". DEP

Exposición fotográfica "Bolboretas"

O Vindeiro 19 de setembro comenza, no espacio expositivo da Sociedade Galega de Historia Natural, unha exposición fotográfica, de Ramiro Segade Andrade, que leva por título "BOLBORETAS" Dita exposición poderá ser visitada no horario do Museo de Luns a sábados. Mañás: De 09:30h a 13:30h e tardes: De 16:30h a 20:30h. Domingos e festivos: Mañás de 10:00h a 14:00h, tardes pechado.