Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición e Talleres de Artesanía no Ateneo Ferrolán

Exposición e Talleres de Artesanía que Organiza a A. C. "Camiño da Artesanía" do 2 ao 15 de xullo nas salas de exposicións do Ateneo de 10:00 horas a 14:00 horas. A inauguración terá lugar o venres día 1 de xullo ás 20 horas. Exposición e Talleres da asociación "Camiño da Artesanía" Os seus principais obxectivos son o dar a coñecer o oficio artesanal como parte de cultura, o intercambio de coñecementos entre artesáns e transmitir os coñecementos a novas persoas para divulgar a artesanía. Para iso a Asociación ten previsto actividades como impartición de talleres en centros educativos e locais sociais, exposicións dos traballos artesanais, asistencia a feiras e mercados para presentar os traballos e conferencias e charlas para dar a coñecer o oficio artesanal. Para este ano en curso as nosas actividades previstas serán: Cestería, palillos, coiro e metal para os cales se impartirán cursos avanzados e de iniciación e ademais exposicións para da...

Exposición de pinturas de Victor G. Novás en Valdoviño. Inauguración o venres 1 de xullo, 20:30h

O noso compañeiro Victor G. Novás , e o Concello de Valdoviño convídanvos á inauguración da exposición das súas obras acompañada con textos de Karlotti . Este evento terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas nas instalacións da sala de exposicións da Casa da Cultura de Valdoviño . Esta exposición permanecerá aberta até o 18 de xullo , podéndose visitar nos seguintes horarios: De luns a venres: en horario de mañá das 9 ás 14 horas , e en horario de tarde das 20 ás 21:30 horas .   Sábados: das 12 ás 14 horas .

Xoves 30 de xuño, 20h - Badalada en prevención do suicidio na Praza de Armas, Ferrol

Esta Plataforma Defensa da Sanidade pública de Ferrolterra  facemos un chamamento a cidadanía a participar na convocatoria do  Movemento Galego da Saúde Mental, Profesionais saúde mental de Ferrolterra,     SOS Sanidade pública a unha CONCENTRACIÓN cunha BADALADA na Praza do Concello-Armas este vindeiro xoves, 30 de xuño a partir das 19,50 horas . O movemento galego de saúde mental e  SOS Sanidade pública convocan unha Mobilización cunha badalada en prevención do suicidio  este vindeiro XOVES, 30 de xuño en toda Galiza. POR UN PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DE SUICIDIO En Ferrol esta convocatoria será  na Praza de Armas, ás 7:50 da tarde cunha CONCENTRACIÓN e  darase a badalada  ás 8 da tarde. 1 badalada en lembranza da morte de 1 persoa cada día. 1 badalada en lembranza da morte dese mesmo día. PLAN GALEGO DE PREVENCIÓN DO SUICIDIO, XA! En Galicia morre por suicidio unha perso...

Mércores 29 de xuño, 20:00h, concentración convocada polo Comité Cidadánd de Emerxencia por entrada do gaseiro nº 212

Prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNL, nº 212 "LNG Hispania Spirit" o Comité Cidadán de Emerxencia convoca: CONCENTRACIÓN mércores, 29 de xuño, ás 20 hs, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García - Ferrol) Características do buque: Nome .- LNG Hispamia Spirit, Bandeira .- España, Eslora .- 280m, Manga .- 43m, Calado .- 12.2 m, Carga ,.- 135.000m³ Aproveitamos para informar de que a revista galega CERNA , de ecoloxía e medio ambiente, publica no seu nº 75 sendos artigos relativos á Planta de Gas de REGANOSA:  O Tribunal Supremo dá a razón ao Comité de Emerxencia , de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do CCE “REGANOSA, a estratexia equivocada” de Humberto Fidalgo, membro de ADEGA-Ferrol, e do CCE. Pódese descargar a revista completa na seguinte ligazón: [PDF - Revista CERNA nº 75] PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! Máis información na web: www.comitecidadan.org Tamén en Twitter : ...

Mércores 29 de xuño, Actos pola Auga en Ferrol

Este mércores 29 de xuño , a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización , aproveitando a visita a Galicia do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar en Ferrol dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño, onde responderá ás pregunta: Que é a remunicipalización? Porque se debe remunicipalizar? E como? Se ben ás 12:00h terá lugar no Concello de Ferrol un acto institucional, o acto principal, aberto ao público en xeral terá lugar no Ateneo Ferrolán o mércores 29 de xuño , ás 19:30h Para máis información sobre estes actos, podedes consultar a seguinte publicación na páxina web desta plataforma:  A Plataforma en Defensa dos Servizos públicos, pola Remunicipalización, aproveitando a visita a Galiza do xerente de AEOPAS, Luís Babiano, acordou programar, en Ferrol, dous actos o vindeiro mércores 29 de Xuño Aproveitamos para lembrar que hai uns días Ártabra21 anunciaba que  O Xulgado da-lle a razón ao Concello de Ferrol, ante un recurs...

Martes 28 de xuño, ven a celebrar o Día do Orgullo LGTBI coa Marcha Mundial das Mulleres

Publicamos a seguinte invitación que nos envían dende a Marcha Mundial das Mulleres: A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVIDARVOS, A PARTICIPAR NOS ACTOS PARA CONMEMORAR O DIA DO ORGULLO LGTBI QUE TERÁN LUGAR O MARTES 28 DE XUÑO  CANTÓN DE MOLINS EN FERROL  ÁS 20:00H.  Neste 28 de xuño , queremos reivindicar unha sexualidade libre de condicionamentos sociais e culturais, rachar co patriarcado e o heterosexismo que domina todos os ámbitos das nosas vidas. Esperamos, como sempre, a vosa asistencia para seguir denunciando a discriminación, exclusión, violencia, invisibilidade, acoso e rexeitamento por unha parte da sociedade e institucións afíns ao heteropatriarcado, por amar dunha maneira diferente aos canones establecidos. Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!! "As mulleres decidimos" Coordenadora Local de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres mmmferrolter...

Presentación do documental "Vieiros de Esperanza. Ricardo Carvalho Calero"

Publicamos a seguinte invitación que nos chega dende a A.S.C. Muíño do Vento : A Directiva da A.S.C.Muíño do Vento - Canido , comprácese en convidar a presentación do documental VIEIROS DE ESPERANZA.RICARDO CARVALHO CALERO de Antón Rodríguez Fernández , que terá lugar o vindeiro martes 28 de xuño , ás 20 horas , na Sociedade Galega de Historia Natural  (Porta de Canido) . Reciban un saúdo. Directiva A.S.C. Muíño do Vento - Canido.