Saltar ao contido principal

Publicacións

Martes 31 de maio, 19:30h, Sargadelos - Presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas

Este martes 31 de maio , ás 19:30h , terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol un acto aberto de presentación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas Constituída na actualidade por máis de 45 colectivos -entre eles, Fuco Buxán-  ten por obxectivo mobilizar á cidadanía galega na defensa dos dereitos das persoas refuxiadas, informar sobre a súa realidade e denunciar a política migratoria da UE. No acto, participará Alberto Ameneiros , veciño da nosa comarca, que relatará a súa experiencia nos campos de refuxiados dos que acaba de regresar. Pregamos máxima difusión deste acto, e a vosa participación. Máis información sobre a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas: Web:  http://www.rederefuxiadas.org/ Twitter:   @GalRefuxiadas

Nota do Comité Cidadán de Emerxencia tras o acordo do Goberno de excluír á Planta de Gas de Reganosa da Avaliación de Impacto Ambiental

O Consello de Ministros do Goberno en funcións no día de onte, acordou “excluír de maneira excepcional, do trámite de avaliación de impacto ambiental os proxectos de autorización da planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) de REGANOSA en Mugardos (A Coruña)”, Ante este feito, o CCE declara: 1º.- Con ese acordo o Goberno en funcións, pretende eludir a aplicación das Sentenzas do Tribunal Supremo, que determinou a radical ilegalidade da planta de gas de Reganosa, aplicación que debera ter como consecuencia, a paralización da actividade e a saída do sistema de retribucións. 2º.- Non é certo, ademais, que a paralización de Reganosa poña en perigo a subministración aos consumidores. Ao contrario, Reganosa supón un timo á cidadanía por canto nos custa preto de 60 millóns de euros ao ano. Mentres se ten paralizada a entrada de gas polo gasoduto de Tui, tal como viña sucedendo antes do 2007, gasodutos que teñen capacidade para subministrar gas, tanto aos ciclos como aos usua...

Esta primeira semana de xuño, tres actos tres con Fuco Buxán

Para empezar con forza este primeiro mes de verán, Fuco Buxán organiza tres actos na súa primeira semana: O XOVES 2 de xuño , ás 19:00h , no Centro Cultural Carvalho Calero , o Comité Cidadán de Emerxencia organiza un acto musical, poético e de celebración das sentenzas do Tribunal Supremo contra Reganosa. Contará con intervencións en apoio á loita contra REGANOSA, como a da a abogada do CCE Patricia Gabeiras, e  no que participarán numerosas Asociacións, Entidades e persoas vinculadas de sempre á defensa da legalidade, da Ría e da Vida E o VENRES 3 de xuño , ás 19:30h , no Ateneo Ferrolán , turno para un novo acto dentro do Ciclo Democracia e Compromiso. Baixo o título de TTIP: ataque á Europa Social. A democracia secuestrada , contará coa presenza de Xabier Benito , Eurodiputado de Podemos, que axudará a desentrañar as claves que xiran entorno a este escuro tratado de comercio, que ameaza con trastornar as vidas da cidadanía europea e estadounidense para mal. ...

Este sábado 28 de maio ven a manifestarte a Lugo coas Marchas da Dignidade #MurallaDeDignidade

Este sábado 28 de maio hai convocada unha manifestación a nivel galego polas Marchas da Dignidade . Nesta ocasión, a cidade escollida para a mobilización é Lugo . Coa fin de quentar motores para esta data, a Columna Galega das Marchas da Dignidade , co-organizou coa Columna de Lugo un "Faladoiro da Dignidade" , un acto realizado o día 13 de Maio de 2016 en Lugo para falar das Marchas da Dignidade e da importancia de mobilizarse o día 28 deste mes de Maio, na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo, patrimonio da humanidade, para conformar "Unha Muralla de Dignidade" | #MuralladeDignidade . A continuación deixamos os vídeos das intervencións dos convidados a esta xornada: Manuel Cañada Isabel Villaba Rafa Escudero Rocío Fraga Como é habitual, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra organizan autobuses para participar nesta mobilización.  O bus ten un prezo de 6€ ida/volta. Sairá o sábado 28 de maio ás 10:00h da...

Sábado 4 de xuño, xornada sobre "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE"

O sábado 4 de xuño terá lugar en Ferrol unha xornada co título "A problemática da contaminación do medio mariño nas pescas e o marisqueo da UE" , promovida por GUE/NGL , o Grupo Europarlamentario de Esquerda Unitaria de Europa - Esquerda Verde Nórdica , do que forma parte AGE . As xornadas desenvolveranse no Centro Cultural Carvalho Calero , entre 11:30h e 15:00h , e continuarán pola tarde entre as 17:00h e as 20:00h  e contarán coa participación da nosa asociación A programación das xornadas está dispoñible na seguinte imaxe, e tamén se pode descargar en formato PDF na seguinte ligazón: [Díptico PDF]

Este martes 24 de maio tivo lugar a presentación da "Campaña contra os Voos de Deportación" do Foro Galego de Inmigración en Ferrolterra

O pasado martes 24 de maio tivo lugar ás 12:30h na Galería Sargadelos de Ferrol a rolda de prensa de presentación da Campaña contra os Voos de Deportación do Foro Galego de Inmigración . Nesta rolda de prensa contouse coa presenza de Luis Victoria , actual Concelleiro de Ferrol responsable de temas de inmigración, así como membros de colectivos que se adheriron a esta campaña, entre eles, Fuco Buxán . Foto : Daniel Alexandre (Diario de Ferrol) Esta rolda de prensa foi cuberta polo Diario de Ferrol na seguinte noticia: Diario de Ferrol - El Foro de Inmigración presenta su campaña contra las deportaciones Para todas aquelas persoas que descoñezan a existencia desta campaña, incluímos máis información sobre ela a continuación: Quen somos? A Campaña Estatal polo Peche dos CIE é unha coordinación de colectivos antirracistas e de loita contra as fronteiras. Desde fai anos vimos loitando polo peche dos Centros de Internamento de Estranxeiros e denunciando a persecución, a ...

Conferencia en Vigo - Claves da guerra non convencional contra Venezuela - 24/05/2016

Ponentes: Gustavo Borges Revilla (Caracas, 1983) . Diseñador, publicista, agitador cultural, analista político y periodista. Fundador del colectivo Hip Hop Revolución y organizador de 6 Cumbres Internacionales de Hip Hop (2005, 2006, 2007, 2008, 2010, 2011). Ha realizado conferencias, talleres y conversatorios de comunicación, estrategia y diseño en Argentina (2003, 2004, 2006, 2007, 2008, 2010), Cuba (2004) Republica Dominicana (2006). Fundador y director de imagen de proyectos de comunicación como Avila Tv, Alba Ciudad, Amazonia Films. Editor y director de arte en medios impresos y digitales: el23.net, Día-Crítica, Sucre en comunidad, Pueblo en revolución, Épale Ccs, Misión Verdad, Plaza Mayor. Director, guionista y productor de campañas como Causa Venezuela, Fuerza de Barinas, Fuerza de Lara, Chavistas por siempre. Ha trabajado en equipos de asesoria y estrategia para Hugo Chávez y Nicolás Maduro en el Centro de estudios estratégicos y políticos Aluvión, también ha prestado ases...