O 15M imos tod@s á Praza - Concentración e asemblea ás 12 do mediodía no Cantón de Ferrol, este domingo 15 de Maio
15M TOD@S Á PRAZA Este domingo, 15 de Maio, ás 12 do mediodía , en Ferrol, no Cantón , nas inmediacións do Palco da Música. Non faltes ! Participa ! Como en moitas cidades de Europa e doutras partes do mundo, na Galiza mobilízamo-nos este 15M. Nas sete cidades, van ter lugar concentración nas prazas. E en Ferrol tamén o imos facer, non só en apoio da convocatoria do 28M na que entraremos nas históricas murallas romanas de Lugo , patrimonio da humanidade, para conformar " Unha Muralla de Dignidade ", senón que tamén nos mobilizaremos como en toda Europa na acción internacional #GlobalDebout promovida pola #Nuitdebout (Noite en Pé). Ferrol no mapa mundial da accións locais na #GlobalDebout | Acceder . Ferrol na wiki do evento mundial | Acceder . Estaremos no 5º aniversario do movemento 15M, quentando motores para construír " Unha Muralla de Dignidade ", o sábado 28M en Lugo. E non faltaremos á Acción Mundial , dende París até Hong Kong, pas...