Saltar ao contido principal

Publicacións

Martin Almada: "No al nacional socialismo en la Biblioteca Nacional"

Queremos compartir con vos unha misiva que recibimos recentemente de Martín Almada , paraguaio, doutor en pedagoxía, e activista dos dereitos humáns, represaliado polas dictaduras suramericanas nos anos 70, na que ven a denunciar  despedimentos masivos de persoal da Biblioteca Nacional Arxentina, circunstancia que ven descrita nas seguintes novas que fomos quen de atopar pola rede: DERF - ATE denunció 250 despidos en la Biblioteca Nacional La Otra - Empezaron los despidos en la Biblioteca Nacional Velaquí a citada carta: Asuncion, 8 de abril del 2016 A LAS AUTORIDADES DE LA PRESTIGIOSA BIBLIOTECA NACIONAL DE LA REPUBLICA ARGENTINA, BUENOS AIRES. ASUNTO: CON “ CAMBIEMOS LLEGO A LA ARGENTINA EL ESPANTO CULTURAL “. Hace aproximadamente 7 años en representación de América Latina asistí al acto recordatorio de la quema de la Biblioteca de la Universidad de Humboldt, Berlin, por orden de Hitler por ser el “nido anti nazi”, por excelencia. La quem...

14 de abril: manifestación do Sindicato de Estudantes

Os vindeiros 13 e 14 de abril hai convocada unha folga de estudantes a nivel estatal para protestar por un ensino público digno e de calidade, e contra a LOMCE e o 3+2 en ensinanzas universitarias. Por este motivo, o Sindicato de Estudantes convoca para o próximo xoves 14 de abril unha manifestación en Ferrol que partirá da Praza de Amada García (fronte o edificio da Xunta) ás 12:00h . Podedes atopar máis información nas imaxes axuntas. Rógase a súa difusión.

Gastrofesta - Exposición Fotográfica - Homenaxe a Manuel María en Pontedeume

Actividades fin de semana Temos unha fin de semana chea de actividade.  O vindeiro sábado 9 de abril argallamos unha nova Gastrofesta co fin de prestar axuda na medida das nosas posibilidades ás refuxiadas que cada día tentan atravesar as fronteiras de Europa . Levaremos a cabo un pequeno festival con maxia, música e contos onde os beneficios da barra e da cea ( menú árabe a base de hummus, falafel e harise ) irán destinados de xeito íntegro á Asociación Causas Comúns. Dúas crianzas morren ao día tentando chegar ás costas de Europa. Pode soar simple, pero a foto de Aylan, o meniño sirio que nos sobrecolleu a todas, non é consecuencia dunha crise migratoria. Esta traxedia é consecuencia directa do sistema capitalista. Siria, último Estado que levantou ( con erros e acertos ) as bandeiras do nacionalismo árabe, que non ten débeda externa con organismos internacionais, rico en recursos naturais e, casualidade, que defende a causa palestina, é agora o epicentro das po...

A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (Agamme) celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia, o venres 15 de Abril no Ateneo Ferrolán

AGAMME celebra a IV Xornada sobre o maltrato á infancia e á adolescencia A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores ( AGAMME ) organiza as súas IV Xornadas sobre o maltrato á infancia e á adolescencia nas que se darán cita unha serie de relatores e relatoras especializadas no novo marco normativo en relación á infancia, cunha análise do seu impacto sobre os dereitos das vítimas menores de idade. O acto terá lugar o venres 15 de abril ás 17:00 horas no Ateneo Ferrolán ( R/ Magdalena, 202-204 ). A xornada de AGAMME, organizada en colaboración co Ateneo Ferrolán e o Concello de Ferrol, dará comezo ás cinco da tarde cunha presentación por parte dun membro da asociación do marco xeral no cal se encadran os relatorios . A primeira intervención terá lugar ás 17:15 co relatorio de Sonia Vaccaro, psicóloga experta en vitimoloxía e avaliación do testemuño infantil e autora de influentes libros como El pretendido síndrome de alienación parental e artigos como o recente Violenci...

Debate Aberto da A. C. Fuco Buxán 'Por unha sociedade mellor'

Debate Aberto da A. C. Fuco Buxán que tivo lugar no Ateneo Ferrolán despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias, un Debate Aberto ao que acudiron cantas persoas desexaron que lles permitiu expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideraron para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agradecer a colaboración do Ateneo Ferrolán. Seguinte Acto que organiza a nosa asociación dentro do Ciclo [Democracia e Compromiso] : Antón Losada Trabada (Jove, 1966) periodista, escritor, político. Conferencia o 5 de maio ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán.

Festa de Conmemoración da Proclamación da Segunda República

A Plataforma Pola República, a Asociación Cultural Fuco Buxán, a Asociación Memoria Histórica Democrática, Anova, Decide en Común, Espazo Ecosocialista, PSdeG - PSOE, Terra Galega, organizan a Festa de Conmemoración da Proclamación da Segunda República que terá lugar o Luns 11 a partir das 19:00 horas e o Xoves 14 a partir da mesma hora . O luns 11 proxectarase o documentario "O Segredo da Frouxeira" e o xoves 14 proxectarase unha creación de radioteatro por título "Crónicas Republicanas" . A Pola Terceira!

Comunicado do CCE sobre a sentenza do TS sobre REGANOSA

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, reunido no día de hoxe para facer unha valoración da recente Sentencia do Tribunal Supremo sobre Reganosa, acordou emitir o Comunicado que engadimos. Asemade acordou a celebración dunha Roda de Prensa, coa participación de Dona Patricia Gabeiras, Avogada do CCE, para analizar con detalle a situación actual e comunicar a posición do Comité tras esta Sentencia. A Rolda de Prensa está convocada para o mércores, 13 de abril, ás 18:00 horas, no salón do Ateneo Ferrolán. Moitas grazas pola difusión! Comunicado Segunda sentencia en firme do Supremo contra Reganosa. Un paso importante na defensa da legalidade, a Ría e a vida das persoas da súa contorna. 1º.- O Tribunal Supremo en sentencia firme, ven de anular a Autorización Administrativa Previa concedida pola Dirección de Política Enerxética e Minas (Goberno Central) o 3 de xuño de 2002 para planta de gas de Reganosa, por carecer do deseño urbanístico axeitado. X...