Saltar ao contido principal

Publicacións

Colectivos galegos visibilizarán no Parlamento a gravidade da contaminación das rías e ríos

  O vindeiro 1 de decembro unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, viaxará de novo a Bruxelas (é a terceira vez) convidada   pola eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, co fin de facer visible, una vez máis, no Parlamento Europeo, a problemática da nosa Ría e os perigos da Planta de Gas de Reganosa: Colectivos galegos visibilizarán no Parlamento a gravidade da contaminación das rías e ríos   ·        Unha delegación de 18 persoas acudirá ao PE o vindeiro mércores 2 de decembro en representación de distintas asociacións e entidades ·        A eurodeputada Lídia Senra promoveu esta viaxe co obxectivo de denunciar a contaminación e realizar unha posta en común das loitas Bruxelas, 27 Novembro 2015. Integrantes do Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol , a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra , a Plataforma de Defensa do...

MOCIÓNS SOBRE NAVANTIA NO CONCELLO DE FERROL

No pleno municipal celebrado onte en Ferrol debatéronse dúas mocións relacionadas con Navantia: a presentada polo noso comité de empresa e unha moción conxunta presentada por Ferrol en Común, PSOE e BNG sobre o veto do CNI contra o compañeiro Xaquín. A moción do comité foi aprobada cos votos a favor de tódolos grupos menos o PP, que votou en contra. Nada do que sorprenderse, dada a política deste goberno con Navantia. Respecto á moción sobre o CNI, os voceiros de FeC, PSOE e BNG amosaron un total rexeitamento a ese veto. Pola súa banda, o PP e Ciudadanos argumentaron que o tema debía dirimirse nos tribunais. A moción foi aprobada por maioría absoluta cos votos de FeC, PSOE e BNG e coa abstención do PP e Ciudadanos. O texto da moción é o seguinte: O día 13 do presente, Xaquín García Sinde, veciño da nosa cidade, recibiu unha resolución do Centro Nacional de Inteligencia na que se lle prohibe que desenvolva determinadas tarefas profesionais en Navantia. En dita resolu...

Homenaxe a Susana Alaniz

  ÁLBUM FOTOGRÁFICO Onte á tarde a Asociación de Mobilidad Humana, celebrou en Narón un acto titulado ”Muller Migración e Violencia”, coa participación de especialistas e Asociacións e a colaboración dos Concellos de Ferrol e Narón. No marco deste acto dedicáronlle unha sinxela e emotiva homenaxe á nosa compañeira Susana Alaníz, responsable da área de Inmigración na A.C. Fuco Buxán, como recoñecemento ao seu importante labor de tanto tempo en todas as temáticas sociais, especialmente co Colectivo Inmigrante. Desde Fuco Buxán sumámonos a esta merecida homenaxe e felicitamos entrañablemente a Susana e tamén á Asociación Mobilidad Humana, pola iniciativa e polo éxito da xornada.

Neira Vilas, sempre!

Sempre Neira Vilas. A A.C. Fuco Buxán quere expresar o seu pesar polo pasamento do amigo Xosé Neira Vilas, que a pasada noite fóisenos polo río da vida, como él diría: “Voltei mirar para o río e a comparalo coa vida. Coa vida de todos. A da xente que facía a labra; a dos que estaban lonxe, ou navegando, ou inda non naceran. ¡Que procesión inmensa é o mundo! Que feira, onde a todas horas chegan uns e outros vanse. Andará agora, ledo, por “onde rematan os camiños” da man da súa dona Anisía, do Padriño, do Lelo de Cidre, de Seoane e Díaz Pardo, de tantos e tantos personaxes reais ou imaxinarios que formaron parte da súa longa e fructífera vida, e a súa estrela non esmorecerá porque os que o coñecimos, os que escoitabamos con atención as súas reflexivas e interesantes paroladas, os que leron as memorias de Balbino, as cartas a Lelo, e tantos, tantos outros traballos, gardaremos a lembranza dun home bó e xeneroso, colaborador desinteresado en todos os eventos cultur...

Conferencia - Coloquio de Manolo Lago "Balance da Lexislatura. Milagre Económico?" [Ciclo Democracia e Compromiso]

A  Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate á Conferencia- Coloquio que leva por título BALANCE DA LEXISLATURA. MILAGRE ECONÓMICO? que será impartida por Manuel Lago (Vigo, 1956) , responsable do Gabinete Económico de CC.OO e Profesor da Universidade da Coruña. Do ano 2005 ó 2009 foi Director Financieiro da TVG. O gasto público (sanidade, educación, vivenda, servizos comunitarios...) tivo unha redución drástica en España ó tempo que se incrementaba a factura financieira. Este enorme tixeretazo -que afecta á capitalización e á competitividade do Estado- deprime a economía sen equilibrar as contas públicas nunha carreira sen fin cara ó deterioro imparable do noso feble “Estado del Bienestar”. Coa devandita Conferencia, a  A.C. Fuco Buxán continúa o Ciclo que baixo o título xenérico DEMOCRACIA E COMPROMISO , pretende contribuir ó debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión...

IN MEMORIAM DE CARLOS OROZA, EL MAESTRO Y EL AMIGO.

Por Juan C. Valle “Karlotti”, socio da A.C. Fuco Buxán. Ha muerto?, Hay personas que nos dan la vida, incluso cuando dicen adiós, y es que como todas a las que amamos, viene a habitar LA ALDEA DEL CORAZÓN de cada uno de nosotros. Incluso para los que no lo tuvieron en cuenta en vida, o solo de un modo oportunista, en los últimos años, se arrimaron a él, viendo en ello una fuente de BENEFICIOS, no espirituales, ni de vida, ni de conocimiento o experiencia existencial, o solo por el placer magnífico deexperimentar lo que sólo los poetas de verdad son capaces de provocar, hacen de su muerte un NEGOCIO NECRÓFILO. Le conocí de la mano de Pinho, y siempre cuando salíamos de las madrugadas, indemnes a duras penas, y él siempre por las Avenidas del día, con la bahía de Vigo llenandole de orillas los bolsillos, lo encontrabamos en una de las varias cafeterías que abrían a primeras horas de la mañana, caminaba recitando el mundo, siempre elegante como los antiguos rapsodas, (Dijo ...

Entrada de Gaseiro na Ría, CONCENTRACION, Lúns 23 de novembro

Estando prevista a entrada na Ría do gaseiro cargado con GNLnº 203  con destino á planta de   Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca: CONCENTRACION Lúns 23 de novembro 2015, ás 19 horas, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada Garcia - Ferrol) PLANTA DE GAS: PECHE XÁ ! -- Visita a nosa web:  www.comitecidadan.org Tamén en Twitter :  @ComitCEmerxenc Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol comitecidadan@gmail.com www.comitecidadan.org ........... Para axudas económicas: C.c. en Banco Santander,  titular: Luz Marina Torrente e outros Desde España: 00493315772894017995 Desde o Extranxeiro: ES 71 00493315772894017995