Saltar ao contido principal

Publicacións

Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" en Neda

  A nosa Asociación quere informar da vindeira Inauguración da Exposición "20 Anos de Razón Socialista" para o venres día 9 de outubro ás 20:00 horas na casa das Palmeiras de Neda . A Exposición pechará o día 25.  No acto contarase coa presenza do alcalde de Neda Ángel Alvariño, a concelleira de cultura Helena Pardo, o director da revista Manolo Cendán e a presidenta da A. C. Fuco Buxán María Teresa Martínez Vilariño. Coa colaboración do Concello de Neda

Radios Comunitarias: Subir o volume

En Vigo ( Radio Piratona , 106.0), na Coruña ( Cuac Fm , 103.4), en Corme ( Radio Roncudo , 106.1), en Compostela ( A Kalimera , 107.9), en Ferrolterra ( Radio Filispim , 93.9). As radios libres ou comunitarias levan a cabo unha valiosa actividade en Galicia, con poucos medios e moito voluntarismo, e nunha situación de alegalidade, toda vez que a Xunta bloqueou calquera posibilidade de acceder a unha frecuencia para as emisoras non comerciais, como ben puido comprobar Cuac FM na súa longa batalla para contar cunha licenza . As emisoras comunitarias, tan distintas entre si coma os colectivos que as conforman, comparten uns obxectivos de libre acceso (que calquera colectivo ou persoa poida empregar as súas ondas), de garantía do dereito á información, de pluralismo e de funcionamento democrático, sen buscar en ningún caso o lucro económico. Noutros países as radios comunitarias axudan, xunto coas emisoras municipais, a dar voz ás comunidades locais, ao próximo, unha dime...

A Caravana Feminista en Ferrolterra

A Caravana Feminista 2015 da Marcha Mundial das Mulleres, que onte foi recibida nos Cantóns de Ferrol (ÁLBUMFOTOGRÁFICO) estará hoxe – martes 6 - en San Sadurniño e Narón. As 19 h será recibida no Pazo da Cultura de Narón, alí no Café-Teatro celebrarase a continuación un debate sobre ecofeminismo e a realidade medioambiental da comarca, no que participarán Begoña de Bernardo (activista ecoloxista), Luz Marina Torrente (Comité Cidadán de Emerxencia) e Margarida Prieto (Sindicato Labrego). A nova no Diario de Ferrol

MMM: A representación galega chegou a Bilbao. O lúns 5, todas/os a recibilas en Ferrolterra

A representación galega da Marcha Mundial das Mulleres, que esta mañá saíu de Ferrol, chegou esta tarde a Bilbao para incorporarse á Caravana Feminista que desde o Kurdistán percorre Europa e que virá a Ferrolterra o lúns próximo. Este lúns, día 5, ás 18,30 h , todas e todos estamos convidados e convocados na Estación de Servizo do Polígono Río do Pozo de Narón, para recibilas e integrarnos cos nosos coches na Caravana que chegará ao Cantón de Ferrol, ás 19 hs, (hai reservado aparcadoiro no lateral de Afundación). No Cantón terá lugar un acto festivo e reivindicativo, apresentado pola actriz Helga Méndez, coas actuacións de Airiños de Fene, Cantareiras Xerfa, Maite Dacosta, Lidia India, Eugenia Sanmartín e Eloís e Sergio. O martes 6, os actos serán en San Sadurniño e Narón (ver cartaz) e continuarán por Galicia e Portugal ate rematar o día 17 de outubro en Lisboa. http://www.feminismo.info/webgalego/

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" - Información e solicitude de participación

Congreso "Ferrol-Galiza-Cuba, historias comúns" no Ateneo Ferrolán, do 13 ao 15 de novembro de 2015" Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, ditaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o " Centro Gallego e Hijas de Galicia " ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, intervirán na Galiza mediante as sociedades de instrución e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fun...

Posicionamiento sobre os Refuxiados

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN  Posicionamento diante da situación das persoas que buscan refuxio en Europa e diante das respostas e actuacións dos gobernos europeos: As organizacións en defensa dos Dereitos Humanos levamos xa moitos anos reivindicando e denunciando a situación de conflito que viven algúns países do mundo, sobre todo, países da franxa norteafricana como é Siria e Libia por exemplo.          Nas últimas semanas estamos vendo como miles de persoas están chegando a países de Europa en busca de refuxio. A resposta de Occidente non pode ser máis vergoñenta e hipócrita. Vemos como países, como Hungría ou Eslovenia, enchen o seu territorio de cercas con  concertinas e agreden a estas persoas con grandes doses de violencia.           Estamos vendo tamén como países, encabezados por Alemaña, deciden tomar cartas no asunto e parecen dar repentinas mostras de solidariedade e h...

AGE: Pregunta sobre REGANOSA na Comisión Europea

A Parlamentaria de Alternativa Galega de Esquerdas, Lidia Senra, formulou unha pregunta sobre a Planta de Gas de REGANOSA, na Comisión Europea. Ver información na web do Comité Cidadán de Emerxencia