Saltar ao contido principal

Publicacións

“Sionismo, limpeza étnica e infancia”, mesa redonda e proxeccións no Ateneo Ferrolán

 A Asociación Galega contra o Maltrato a Menores (AGAMME), BDS-Galiza (Campaña Internacional de Boicote, Desinvestimentos e Sancións contra Israel) e o Ateneo Ferrolán organizan unha palestra para reflexionar e debater arredor do xenocidio que se está a cometer en Palestina e que, como sabemos, ten especial incidencia sobre a poboación infantil. Contarase coa presenza de Elvira Souto e Lucía Barros, activistas de BDS-Galiza que presentarán sendos relatorios arredor da situación da infancia en Palestina e a xornada completarase coa proxección da curtametraxe Película urgente por Palestina, do cineasta galego Alberte Pagán. O acto terá lugar o vindeiro Venres 27 de febreiro ás 19:30 horas no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena 202-204). A sesión dará inicio coa proxección da fita do cineasta de Carballiño Alberte Pagán Película urgente por Palestina. A curtametraxe, gravada en Palestina polo propio director en 2012, preséntase no propio texto en off do filme como “un panfleto sobre ...

Mobilización Sindicato de Estudantes

Este xoves, 26 de febreiro, ás 12 horas, fronte ao Edificio da Xunta de Galicia - Ferrol Desde a A.C.Fuco Buxan esiximos a Dimisión Inmediata da Secretaria de Estado de Ensino Monserrat Gomendio e do Ministro de Ensino Ignacio Wert polas súas gravísimas palabras  e polas súas infames e vergoñentas mentiras nas que din que o Sistema Universitario non é sostible. Wert e Monserrat Gomendio volven a  desacreditar, a agredir e atacar salvaxemente a Universidade Pública co obxetivo de desmantelar e rematar con ela, para favorecer a Universidade Privada. Cremos que a Universidade Pública SÍ é sostible e crontribue a fomentar a movilidade social, a igualdade de oportunidades, a cohesion social, o benestar social e colectivo e a conformar unha cidadanía crítica, solidaria, comprometida, igualitaria, libre e democrática que loita en defensa dos dereitos humanos, contra as inxustizas e desigualdades sociais e por construir un mundo mellor, mais xusto e humano . A.C.Fuco Buxan consider...

Proxección-Coloquio "Mujeres del 36"

 Documental sobre las mujeres que durante la República y la Guerra Civil lucharon para conseguir cambiar el papel de la mujer española en la sociedad. El testimonio de algunas de ellas de distintas ideologías -procedentes de ámbitos urbanos o de pequeños pueblos-, trabajadoras, campesinas o miembros de familias acomodadas, sirve para reconstruir la peripecia humana de estas mujeres, que hoy son ya octogenarias y, servir de muestra de la realidad que vivieron algunas de ellas en aquellos años. El documental pone especial énfasis en los aspectos referidos a su vida cotidiana, y da a conocer cómo era su actividad diaria, la relación con su medio social, con la familia, la escuela, el trabajo, los padres, los hombres...

Mobilizacións abusiva Taxa de Saneamento

Máis de 1.000 persoas concentráronse na Praza de Armas para rexeitar a nova e abusiva Taxa de Saneamento - imposta polo Goberno Municipal do Partido Popular - por un servizo que ainda non está en funcionamento e que non vai a beneficiar de momento a toda a cidadanía. A concentración foi convocada por: PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo Ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo., entidades que propoñen ao Alcalde Rey Varela a retirada deste imposto e a toda a cidanía efectuar o Recurso contra a Taxa. O Recurso, unha vez cuberto, pódese entregar por Rexistro no Concello (con fotocopia para o selado), ou nos locais das Entidades convocantes. Tamén, os convocantes, fixaran en breve unha data para que o desexe poda acudir colectivamente a facer entrega no Rexistro do Concello. Anunciarase calquera mobilización que se organice sobre e...

Nota da A.C. Fuco Buxán sobre paro xuvenil.

A A.C Fuco Buxan denunciamos que as políticas económicas neoliberais e de salvaxes recortes e de austericidio social dos gobernos do PP de Rajoy, Feijoo, Rey Varela, a reforma laboral antisocial da Ministra Bañez que atenta contra os dereitos das clases traballadoras, baixa e recorta os salarios, precariza o emprego,  fomenta o despido libre e acaba coa negociación colectiva asi como os salvaxes recortes destes gobernos do PP nas políticas activas de emprego xuvenil son as culpables de que haxa un paro xuvenil do 55%  en todo o Estado.  A A.C Fuco Buxan denunciamos que estas políticas neoliberais, ideoloxicas, de austericidio e de salvaxes recortes destes gobernos do PP estan condeando a xuventude da nosa comarca Ferrolterra  ao paro, a precaridade, o exilio económico, a traballos precarios con soldos de miseria,  a non ter futuro, a vivir peor que os seus pais e nais e a emigrar a outros paises pra ter un futuro e u...

Apoio de Fuco Buxán a ASPANEPS e aos afectados polo Plan PROA

Dende a A.C. Fuco Buxán amosamos o noso total apoio e solidariedade coa Asociación de Pais e Nais de nenos con Problemas Psicosociais( Aspaneps). Denunciamos os salvaxes recortes presupuestarios do goberno da Xunta de Galicia, de Feijoo e do PP nos Programas Asistencias da Infancia, que disminuiron, nos últimos catro anos, un 35% nas axudas destinadas o Programa de salud mental infantil— xuvenil para toda a area sanitaria de Ferrol da Asociación Aspaneps. Asemade, máis de 50 de nenos/as dos centros educativos CEIP Cruceiro de Canido e a Laxe de Balón quedaranse este ano 2015 sen clases de Reforzo polos recortes da Consellería de Ensino da Xunta de Galicia no Plan PROA ( Plan de Reforzo, Orientación e Apoio). A.C Fuco Buxan denunciamos que son recortes ideoloxicos, clasistas e neoliberais e amosan a profunda insensibilidade, insolidaridade e inhumanidade do goberno do PP da Xunta de Galicia, coa sumisa complicidade do goberno do PP de Ferrol, que mira para outro lado mentras estas med...

Mobilizacións contra a abusiva Taxa de Saneamento

Reunidos no Concello de Ferrol as seguintes entidades: PSdeG-PSOE, BNG, EU, Anova, Espazo ecosocialista,CIG,CCOO,UGT, Asociación López Bouza, Comisión de Saneamento Integral da Ría de Ferrol, AC Fuco Buxán, AVV San Xoan-Bertón, Marea Ártabra, AVV San Pablo e Federación de AVV Roi Xordo. Trataron a problemática actual da taxa de saneamento e acordaron: 1- Facer un chamamento para unha convocatoria aberta   as asociacións de comerciantes e hostelería , veciñais e cidadanía en xeral  para unha reunión o luns 16 ás 17:00 na Galería Sargadelos de Ferrol. 2- Convocar unha concentración  na praza de Armas o día 19, xoves , ás 19:00 horas contra a taxa de saneamento que está a aplicar o goberno do PP. Desde a A.C. Fuco Buxán, lembramos que o Goberno Municipal do PP de Ferrol nos está xa esixindo o pago dunha taxa - de prezo abusivo - por un servizo que ainda non está en funcionamento e que non vai a beneficiar de momento a toda a cidadanía.