Saltar ao contido principal

Publicacións

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia.

II Reunión do Colectivo de Investigación Social e Acción Participativa de Galicia , no ATENEO FERROLÁN , día 30 de novembro (sábado), 10 a 12 horas. Estáis convidad@s á reunión personas, asociacións e entidades que conforman o colectivo, así como aquelas que teñan curiosidade sobre os determinantes sociais que actúan sobre áreas como a saúde, a calidade de vida e grupos de poboación... Vos esperamos a tod@s! E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | FERROL (A Coruña) BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.cm/ Tamén no Facebook: http://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrolan/134569549934117

Presentación do documental "Carga de Dignidade", realizado por Xosé Bocixa.

O Venres , 29 Novembro , ás 19:30 horas , na Galería Sargadelos, terá lugar a presentación do documental realizado por Xosé Bocixa , que recolle a acción popular "Carga de Dignidade". Ó remate do mesmo, ás 21:00 horas . haberá unha concentración na Praza de Armas , onde terá lugar un samaín reivindicativo organizado polas centrais sindicais. Nesta ligazón tedes o cartaz do filme para descargar e compartir: https://drive.google.com/file/d/0B3TTMFibsMw9V09xbFJmS1RXMnM/edit?usp=sharing Varios traballadores/as de Navantia, penduraron de novo no enreixado da factoría as pancartas creadas para tal evento, por parte de alumnos e profesorado do C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro, C.E.I.P. San Xoán de Filgueira, C.E.I.P. Recimil, Conservatorio de Música Xan Viaño, e do Instituto Concepción Areal. Fotos de hoxe: https://picasaweb.google.com/109599581377540590361/PenduradoDePancartas Carga de Dignidade:   http://cargadedignidade.blogspot.com.es/

SOS Sanidade Pública Folga Sanitaria

FOLGA XERAL NA SANIDADE PÚBLICA GALEGA OS DÍAS 9 E 10 DE DECEMBRO. Os sindicatos CCOO e CIG convocamos folga xeral na sanidade pública galega os días 9 e 10 de decembro en contra das privatizacións, os copagos e os recortes na sanidade. A Federación de Sanidade de CCOO e a CIG Saúde rexistraron este luns a convocatoria de folga no SERGAS dende as 22 horas do día 8 de decembro ata as 22 horas do día 10 de decembro, chamando tamén á cidadanía a sumarse á protesta contra a privatización, os copagos e os recortes laborais e salariais na sanidade pública, que poñen en perigo a súa continuidade pudendo levar á súa desaparición. Durante anos, o goberno da Xunta e mais o central impulsaron todo tipo de privatizacións. Feijóo leva 5 anos na Xunta; nunca un goberno, en tan pouco tempo, fixo tanto dano á Sanidade Pública e ás usuarias e usuarios. O señor Feijóo e a señora Mosquera atacan a Sanidade Pública e o seu persoal con privatizacións, co copagamento e cos continuos reco...

Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá

A Asemblea aberta en Defensa da Participación Cidadá, fai un chamamento e Convoca a cidadanía para celebrar unha concentración veciñal na Praza do Concello Praza de Armas este vindeiro XOVES-28 ás 19:00 horas , denunciando as últimas medidas do Alcalde en restrinxir a entrada ao Plano e o desmantelamento da Participación Cidadá. Previamente, a partir das 18:00 horas faremos un reparto informativo dirixido a cidadanía ante a falta de compromiso do actual Goberno Municipal coa Participación Cidadá que aprobou no seu día e por unanimidade do Pleno Ferrolán. Asemblea en Defensa da Participación Cidadá. www.participacion-ferrol.blogspot.com

Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz".

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN convídate a visitar a mostra de obra artística, fotografías e textos de Manfred Gnädinger, Man “o alemán de Camelle” que leva no Ateneo Ferrolán dende o 15 de novembro e finaliza o vindeiro día 30. O venres día 29 ás 20:30 Horas terá lugar unha Proxección no Ateneo Ferrolán, que leva por título Manfred "Home Sen Paz", un audiovisual Premio Mestre Mateo 2011 dirixido por Simón Vázquez de Infiernos TV S.L.  Esta mostra quere ser unha reivindicación do seu legado e memoria desde a faceta de creador coherente, lúcido e profundo que decidido a non colaborar con este statu quo, levou unha forma de vida alternativa. A súa ausencia –morreu, nun acto derradeiro de rebeldía, o día dos Santos Inocentes do 2002, vítima do Prestige- deixa un gran baleiro en Camelle e tamén na arte galega. Colaboran: Fundación Man e Ateneo Ferrolán.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia.

25N: ESPAZO Ecosocialista demanda o fortalecemento de políticas de asistencia integral ás victimas da violencia. A violencia de xénero é consecuencia da discriminación que sufren as mulleres e da persistencia de desigualdades por razón de xénero na sociedade. ESPAZO Ecosocialista considera que o impulso de actuacións en todos os ámbitos posibles: sociais, económicos, políticos, culturais... que permitan acadar a igualdade efectiva e real entre homes e mulleres será o que consiga erradicar a violencia de xénero, manifestación extrema da desigualdade. O recurso á violencia está presente en todos os países e en todos niveis sociais. No que vai de 2013, no Estado Español, 44 mulleres e 5 menores de idade foron vítimas mortais da violencia machista. Estes datos sobre vítimas mortais son a punta do iceberg do problema da violencia contra as mulleres. Nos seis primeiros meses de 2013, presentáronse 2552 denuncias por violencia de xénero en Galicia e 60 981 en todo o estado español...

ACTOS 25 NOVEMBRO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES DE FERROLTERRA.

A Coordinadora Comarcal de Ferrolterrra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES QUEREMOS CONVÍDARVOS UN ANO MÁIS A PARTICIPAR NOS ACTOS QUE TERÁN LUGAR NA PRAZA DO CONCELLO DE FERROL ÁS 20:00 HORAS . O 25 DE NOVEMBRO PARA CONMEMORAR O DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "O noso corpo, o noso territorio. Libre de agresións, libre de imposicións" Neste 25 de novembro, queremos unir as nosas enerxías ás de miles de mulleres que, arredor do mundo autoconvócanse para denunciar o máis profundo rexeitamento das violencias que continuamos vivindo nos nosos corpos de mulleres. Esperamos coma sempre a vosa asistencia para seguir denunciando a violencia machista. MARCHAMOS POLO DEREITO DAS MULLERES A UN MUNDO SEN VIOLENCIA . Mulleres en marcha ata que todas sexamos libres!!