A NOSA ASOCIACIÓN QUERE DIFUNDIR O MANIFESTO UNITARIO DA COORDINADORA GALEGA POLA PAZ, A CAL ESTÁ ADHERIDA A NOSA ASOCIACIÓN, MANIFESTASE EN CONTRA DUNHA INTERVENCIÓN MILITAR NORTEAMERICANA EN SIRIA E CHAMA Á CIDADANÍA A PARTICIPAR NAS ACCIÓNS CONVOCADAS A CONTINUACIÓN. A humanidade atópase, unha vez máis, alarmada pola inminencia dunha nova agresión imperialista, neste caso, contra do pobo sirio, como tantas outras veces no pasado, protagonizada polo exército norteamericano, de forma unilateral, e sen sequera o aval das Nacións Unidas, o que significa unha inequívoca violación do dereito e a legalidade internacional. As consecuencias dunha intervención militar norteamericana en Siria son imprevisibles. As guerras, cando comezan, pretenden ser sempre xustas, rápidas, puntuais e cirúrxicas, co menor custe e as baixas mínimas. Sen embargo, a historia amosa, con claridade, que non sempre acontece así. A escusa pretendida agora para intervir militarmente nun estado sobera...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."