Saltar ao contido principal

Publicacións

Martes, 30 ás 17 horas no 93.9 FM de Ràdio FilispiM, "O Recuncho nº 148"

Martes, 30 de xullo de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet:  http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. Ate o fin de Agosto, cada martes emitimos unha grabación con novos temas ou recompilación de programas anteriores. “O Recuncho” nº148 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Recuperación entrevista  á poeta Dona Julia Uceda  (Prog. 106 do pasado verán) “Nadie y Polifemo”  novela de José Torregrosa. (pódese descargar en: http://josetorregrosa.wordpress.com ) Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo:  Comité Cidadán de Emerxencia e outros. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com Email: fucobuxan@gmail.com

“O Recuncho” nº 147

“O Recuncho” nº 147 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, emitíronse os seguintes contidos: Inaugurada en Valdoviño  a Exposición de Víctor Novás . A VII Marcha a Pé Ferrol Mugardos (entrevistas e audios) O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa: ” el niño de la bicicleta ”  (do prog. Nº 77) Na “Sección Poética”   de Lorena Calaza:  Manuel María ( do prog. nº 66) Os libros recomendados ,  espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música: Varios temas musicados de Manuel María. Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com Email: opafuco@gmail.com  Teléfono directo: 981371040

Exposición de Víctor G. Novás.

O noso compañeiro Víctor G. Novás, inaugurou na Casa da Cultura de Valdoviño a súa exposición de óleos e acrílicos, que permanecerá aberta ate o 31 de xullo. Audio da inauguración. Álbumfotográfico. Horario de visita ate 31 de xullo: de Lúns a venres: manáns en horario de Biblioteca, tardes de 20 a 21,30 hs, sábados de 12 a 14 horas. VÍCTOR : artigo de José Torregrosa. Del 17 al 31 de julio planta Víctor Gª. Novás sus reales (y sus imaginarias) en la Casa de la Cultura de Valdoviño, con una exposición de óleos y acrílicos. Yo que yo, no me la perdería, forastero. En este “brave new world”, uno no sabe dónde poner los ojos que no sea recuerdo de un churrigueresco s. XXI, su pesimismo (horizontes muertos soñados por el Bosco, delicioso jardinero de mandrágoras), y, enfrente, según se sube hacia la izquierda, la rebeldía de bien, que se niega seguir lamentándose, inútil, sobre sobre muros de atropello e indecencia. Dirigir la vista hacia la obra de Víctor –es...

Condolencias

A Asociación Cultural Fuco Buxán, con motivo do tráxico accidente ocorrido onte en Compostela, súmase as numerosas mensaxes de sentimento e solidariedade cos familiares e achegados das vítimas. O noso recoñecemento a cantas persoas públicas e privadas están colaborando, técnica e humanamente, na axuda máis eficaz aos afectados. Exiximos tamén das Administracións estatais e autonómicas que os recortes en inversións non afecten a infraestruturas básicas de seguridade para toda a cidadanía. + Información sobre o suceso aquí

Falecemento de Anxo Guerreiro, condolencias

Ante o falecemento do querido compañeiro Anxo Guerreiro, histórico dirixente comunista, a Asociación Cultural Fuco Buxán quere expresar o sentimento de todos os socios e socias. Para á súa familia, amigos e compañeiros, así como para a Asociación Socio-Cultural NAMENTRAS da que era socio fundador, a nosa mensaxe de solidariedade e unha forte aperta.

Falecemento do compañeiro Luis Muruzábal Arlegui

A Asociación Cultural Fuco Buxán lamenta comunicar o falecemento, tras longa enfermidade, hoxe en Cambre, do noso socio e benquerido compañeiro José Luis Muruzábal Arlegui. Persoa comprometida de sempre na loita polas liberdades, José Luis era , avogado e Presidente da Asociación Pro Enfermos Mentales de A Coruña. Transmitimos a súa compañeira, Antonia Pérez Amieiro, a súa familia, amigos e membros de APEM, a nosa solidariedade e fraternal aperta.

Vindeiro mercores día 17, Inauguración da Exposición de Víctor G. Novás.

ÓLEOS E ACRÍLICOS VÍCTOR G. NOVÁS Inauguración o mércores 17 de xullo ás 20,30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura do Concello de Valdoviño. Poderase visitar de luns a venres, mañás en horario de biblioteca, tardes de 20:00 a 21,30 horas, Sábados de 12 :00 a 14 :00 horas. Do 17 ó 31 de xullo do 2013. Nova no Diario de Ferrol: Víctor García Novás convierte su nueva exposición en un homenaje a Pablo Neruda. NICOLÁS VIDAL FERROL | Actualizado 16 Julio 2013 - 02:00 h. ...