Saltar ao contido principal

Publicacións

Tremoia Teatro o grupo de Fuco Buxán

 A Asociación Cultural Fuco Buxán, convida a asistir á representación do seu grupo teatral TREMOIA TEATRO: A TREMOIA O teatro antigo carecía dun elemento moi corrente no de épocas posteriores, o pano, pero contaba, para a representación dos seus dramas, con diversos tipos de maquinarias ideadas para producir efectos ópticos ou auditivos. Delas, as máis importantes eran as seguintes: 1) A mechané, literalmente a "máquina", enxeño semellante a un guindastre sobre o cal, de pronto, facía a súa aparición aérea un deus cando había que resolver unha situación tan embrollada que xa no parecía ter saída. Do seu uso, e en ocasións abuso, procede a coñecida expresión do comediógrafo Menandro ou "deus ex machina" na súa versión latina. 2) Os períaktoi, ou "rolos", dous cilindros de madeira que ao xirar permitían cambiar a escenografía. De todas maneiras, os decorados eran sinxelos e limitábanse a representar catro tipos básicos de ambiente: o t...

Conferencia "Non é unha crise, é un cambio estrutural"

  A nosa asociación difunde: Este venres 28 ás 19:30 horas no Museo de Historia Natural da Sociedade Galega de Historia Natural, en Praza de Canido, s/n, FERROL , en colaboración coa Delegación de Ourense da SGHN, conferencia de D. Fernando Sánchez Salinero, que leva por título "Non é unha crise, é un cambio estrutural", unha análise sinxela e clara da situación na que nos estamos movendo. Sorprendente e vital. “Non é unha crise, é un cambio estrutural”, analiza a situación actual e chega á conclusión de que lonxe de ser só unha crise estamos ante un cambio na forma de organizar a economía, os negocios e a propia sociedade, dando pistas para que ese novo entorno poida resultar o máis favorable posible.

CONFERENCIA PLATAFORMA POLO DEREITO AO ABORTO

A nosa asociación informa: O Grupo de Traballo Comarcal de Ferrolterra da Plataforma Galega polo dereito ao aborto, ten o gusto de convidarvos mañá venres día 28 de xuño na galería Sargadelos as 20:00 horas , á conferencia : "O aborto, o meu dereito"  por Ángeles Alvarez. Esperamos a vosa asistencia Integran a Plataforma: Adiante, AGIR, Andaina, ANOVA, Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Assembleia de Mulheres do Condado, Asociación CDR Virxe do Carme de Camariñas, Asociación Cultural Fuco Buxán, Asociación de Mulleres Dorna, Asociación Enriqueta Otero, Asociación feminista Buserana, Asociación “Finisterrae” de profesionais de desenvolvemento local (AFIPRODEL), Asociación Galega de Saúde Sexual (AGASEX), Asociación Líder, AMI, Asociación Nós Mesmas, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega (APAIOGA), Asociación Púrpura, Asociación Teenses pola Igualdade, Asociación Ve-la luz, BNG, Briga, CCOO de Galicia, Comités, Compr...

Planta de Gas Reganosa no Parlamento de Galicia.

Despóis de máis dunha década de loita do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a ubicación da Planta de Gas de Reganosa,  debateuse no Parlamento de Galicia a Moción presentada polo Grupo AGE, exixindo o desmantelamento da Planta, o cumprimento da Sentenza firme do Tribunal Supremo de maio 2012 e a denuncia do Convenio secreto asinado polo Presidente Fraga e o accionariado da Planta. A Moción, con enmendas do PSdeG-PSOE e BNG, foi rexeitada pola maioría absoluta do Partido Popular. Unha representación do CCE, asistiu ao debate no Parlamento, desde dependencias anexas, xa que logo non lle foi permitido acceder ao salón de Plenos.  Nota de AGE Texto da Moción Intervención de Yolanda Díaz.

Album fotográfico Manifestación en Defensa da Sanidade Pública.

Manifestación do xoves 27 de xuño en Defensa da Sanidade Pública: ENLACE AO ÁLBUM FOTOGRÁFICO Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCARON en toda Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública. Ou é que os recortes e privatizacións na Sanidade Pública non nos afectan a tod@s ?

Xornada de loita pola sanidade pública: Manifestación en Ferrol.

Como sabedes a Plataforma SOS Sanidade Pública e as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de cada Área Sanitaria, CONVOCAN para o xoves 27 de Xuño en todo Galicia unha mobilización en Defensa da Sanidade Pública. En Ferrol SOS Sanidade Pública e a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, CONVOCAMOS unha MANIFESTACIÓN que sairá ás 19 horas do Xoves 27 de Xuño da Praza de España e, logo de percorrer varias rúas, rematará na Praza do Concello-P. de Armas. Achegamos un cartaz da convocatoria para que o peguedes nas vosas áreas de actuación. O éxito da mobilización depende de que as 50 entidades que a conformamos fagamos o esforzo de traballar en Defensa da Sanidade Pública facendo o posible por chegar ao maior número de persoas. Do mesmo xeito que o día 12 as rúas de Ferrol se ateigaron de persoas que pedían CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA, é preciso que as rúas de Ferrol se enchan de xente en DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA. Ou é que os recortes e pr...

Hoxe de 17:00 horas a 18 horas no 93.9 FM Ràdio FilispiM, O Recuncho nº 143.

Martes, 25 de xuño de 2013, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM, ou en directo en Internet :  http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 143 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitado:   El pintor Eduardo Hermida,  para falar de As Meninas de Canido. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa: ”Miguel Narros ” Na “Sección Poética”  de Lorena Calaza: Francisco Añón. Os libros recomendados ,  espazo de Víctor G. Novás Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música:  Cancións con nome de muller - I Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E-mail: opafuco@gmail.com  teléfono - directo: 981371040