Saltar ao contido principal

Publicacións

Mércores 29, ás 12:00 horas, Rolda de Prensa "Carga de Dignidade".

Mañá mércores, 29 de maio, ás 12:00 h, nas escaleiras da Praza de Armas de Ferrol , terá lugar a rolda de prensa, presentación da acción artística popular "Carga de Dignidade" que se levará a cabo o próximo domingo 2 de Xuño na reixa de Navantia. Na mesma comparecerán Parte do colectivo de artistas e creadores que levaron a cabo a “Burla Negra” pola catástrofe do Prestige, agrupados agora en “Radio Buguina”, acompañados por todos os sindicatos, partidos, e colectivos que organizan a acción. Contar coa vosa presenza para poder difundir e chegar á cidadanía este acto pola Dignidade. Organizan: Radio Buguina Comités de Empresa de Navantia e delegados/as da Industria Auxiliar.  Sindicatos: Comisiones Obreras (CC.OO), Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Sindical Obreira (USO), Union Sindical de Traballadores de Galicia (USTG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UXT-UGT). Partidos políticos: ANOVA, Bloque Nacionalista Galego (BNG), Comprom...

"O SEGREDO DA FROUXEIRA" abre o FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE DE VIGO.

"O SEGREDO DA FROUXEIRA" abre o FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE DE VIGO. O vindeiro mércores día 29 as 20:00H no auditorio do Concello de Vigo. http://festivalprimaveradocine.com/ Felicitamos ao seu director Xosé Abad, e ao seu equipo, e felicitámonos tamén Fuco Buxán polos continuados recoñecementos a este documental. Páxina do documental: http://www.osegredodafrouxeira.com/ Máis información.

POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA

A nosa asociación Fuco Buxán apoia a  mobilización contra a Troika, e anima aos seus socios e á cidadanía a apoiala por considerar moi importantes a súas reivindicacións. Movimentos Sociais de vários países da UE convocan unha MANIFESTACIÓN INTERNACIONAL contra as políticas de axuste impostas pola Troika. Baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA" [formada polo Banco Central Europeu (BCE), a Comisión Europea (CE) e o Fondo Monetário Internacional (FMI)], os coletivos sairán ás ruas en diferentes pobos europeos sumándose ao movemento BLOCKUPY, que nesse mesmo dia protestará em frente à sede do BANCO CENTRAL EUROPEU na Alemanha. Manifesto-Comunicado: "Dende a periferia da crise ao núcleo do poder" Chamada internacional a participar en Blockupy 2013 en Frankfurt do 30 de maio ao 1 de xuño e outras loitas contra a Troika. Onde queira que se resista e rebela contra a crise e a súa xestión, poñemos a forza nas loitas e conflitos que existen, e...

Fuco Buxán apoia a Mobilización contra a Minaría Salvaxe.

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN apoia a Manifestación convocada para o domingo 2 de xuño en Compostela , co lema: “Contra a Minaría Salvaxe ¡ Galicia non é unha mina”. PARTICIPA E DIFUNDE para frear o desembarco masivo de empresas transaccionais mineiras, co apoio activo do Goberno Galego, para transformar radicalmente o noso territorio e convertelo nunha mina a ceo aberto. A nosa asociación cultural Fuco Buxán súmase as reivindicacións da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e informa sobre as vindeiras actividades que realizarán nas vindeiras datas.  Tamén podedes obter máis información no seu blogue: http://nonaminadecorcoesto.blogspot.com.es/  Nesta dirección poderedes encontrar o seu manifesto para asinalo se o considerades oportuno, a maiores tamén teñens un grupo de facebook (Corcoesto non todo e brillo no ouro, plataforma pola defensa de Corcoesto). 

Convite para participar na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto. A vida non se protexe recortando dereitos.  Este convite vai dirixido a todas aquelas organizacións que traballan no ámbito local e galego e que aínda non forman parte da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto. Onte, 27 de maio, constituíuse en Ferrolterra o grupo de traballo local da Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto nunha asemblea celebrada no Ateneo Ferrolán na que estábamos convocadas aquelas organizacións que participamos a nivel nacional na Plataforma. Na asemblea decidiuse facer un chamamento e convite a todas aquelas organizacións que no ámbito local desexen participar neste recen constituído "Grupo de Traballo". O obxectivo da Plataforma é a de loitar polos dereitos individuais das mulleres e para xuntar forzas e conseguir sensibilizar á cidadanía sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e que esta reforma da lei do aborto do ministro Gallardón supón un retroceso de 30 anos na l...

Ferrol: Carga de dignidade. Acción artística popular, o domingo 2 de xuño.

Domingo 2 de xuño, das 11:00 ás 14:00 horas, na Porta do Estaleiro, no barrio de Esteiro de Ferrol.   CARGA DE DIGNIDADE Trae a túa peza de roupa para pendurar na reixa de Navantia e participa nesta acción artística popular . A crise é a escusa perfecta. A construción naval sábeo ben, foi a primeira asoballada. Pero agora veñen contra todos, sector por sector, empresa a empresa, veñen casa por casa. A crise económica é a gran burla negra contra toda a cidadanía. E en Ferrol hai ben tempo que se sabe, que se sufre, que se engule a negra sombra. Abonda! Artistas e creadores agrupados en Radio Buguina chamamos a toda a poboación de Galicia a unha acción artística popular en Ferrol. Chamamos a seguir o exemplo daqueles traballadores e traballadoras do sector naval que nun arrouto de dignidade penduraron os seus buzos de traballo na reixa da factoría de Navantia. Chamamos a continuar este monumento á ...

Presentación do libro de José María Izquierdo: ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy)

A Asociación Cultural FUCO BUXÁN comprácese en convídalo á presentación do libro que leva por título ¿PARA QUÉ SERVIMOS LOS PERIODISTAS? (hoy), polo seu autor José María Izquierdo, periodista i escritor. Terá lugar o vindeiro venres 31 de maio de 2013 ás 20,00 horas no salón de actos do ATENEO FERROLÁN (na rúa Magdalena 202 - Ferrol). Nun momento de grave crise nos medios de comunicación José María Izquierdo reflexiona neste ensaio sobre a necesidade do oficio de periodista e das razón que xustifican a súa existencia. Ante a nova realidade de internet, das redes sociais, de millóns de páxinas webs, de insidiosas tácticas de desinformación promovidas polos poderosos para enmascarar abusos e inxustizas, este ensaio da respostas –con grandes doses de autocrítica- a cuestións tales como: qué futuro lles espera ós profesionais do periodismo, ou de qué maneira poden ser útiles na sociedade actual. José María Izquierdo foi redactor xefe do Diario 16, subdirector de Informaciones...