Saltar ao contido principal

Publicacións

Concentración do Colectivo de Prexubilados Empresa Pública.

A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán , apoia, anima e convida a participar na convocatoria do Colectivo de Prexubilados da Empresa Pública da Comarca, que terá lugar o vindeiro xoves, 9 de maio, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol), ás 12 horas., co lema: CONTRA OS RECORTES SALARIAIS APLICACIÓN DO IPC, XA ! El Gobierno anuncia recortes salariales en Navantia: “Ajustes salariales”. Sin barcos nuevos en la grada ni contratos a la vista, con un dramático goteo de despidos en las auxiliares que ya pasa de los dos millares y privados de la última paga extra, a los trabajadores de Navantia en Ferrol (2.015) y Fene (240) se les viene ahora encima un más que probable recorte de sus nóminas en una comarca que vive y respira a la sombra de una grúa pórtico cada día más oxidada. Lo anticipó esta tarde el presidente de la SEPI, la Sociedad Estatal de Participaciones Industriales que controla Navantia y que depende, directamente, del minis...

Apoio á Defensa do Ensino Público

A Asociación Cultural Fuco Buxán, en defensa dun Ensino Público, universal e de calidade, apoia a Folga do Ensino e participará nas dúas manifestación convocada para o xoves 9 de maio, que partirán do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – Ferrol) ás 11,30 horas e ás 19,30 horas. Convida a toda a cidadanía á participación e, respectando os motivos de cada quen, fai un chamamento á unidade sindical, para tod@s xunt@s, conquerir o obxetivo: A retirada da LOMCE e das medidas que o Goberno do PP está a aplicar contra o Ensino Público.

Presentación do libro "WINNIPEG" de Hixinio Puentes.

A nosa Asociación Cultural Fuco Buxán, conxuntamente co Ateneo Ferrolán organizan a presentación do libro: "WINNIPEG" de Hixinio Puentes, que terá lugar o vindeiro venres día 10 de maio ás 20:00 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Intervirán: O historiador Enrrique Barrera, a profesora Rosa Méndez, e o autor do libro Hixinio Puentes. Estades tod o s  convidados. Da web de Xerais: "Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que fretara o Winnipeg, un dos buques da diáspora dos republicanos españois, perdedores nunha guerra fratricida. Nel van tres irmáns que deixan na vila de Cariño a súa familia masacrada pola represión. O seu delito fora artellar nos anos da república obreira o Sindicato da Industria Pesqueira e Derivados baixo o amparo da CNT. Na análise que fai Manuel Pita Armada da súa vida, os acontecementos vividos en España repítense novamente en Chile, onde Pablo Neruda e Salvador Allende ...

Festa na tenda Troco en Ferrol, o sábado 11 de Maio a partires das 12:00 Horas.

Co motivo do cambio de tempada na tenda queremos convidarvos a una festa este sábado 11 de Maio a partir das 12h así que ide alixerando os armarios chegou o tempo da manga curta e dos tirantes Ademais faremos "De Troco un pouco" isto quere decir que trocaremos roupa na tenda como vimos facendo ate agora e no espacio exterior poderemos trocar entre nós outros obxetos (libros, xoguetes, discos, material deportivo, ferramenta...) tamen propoñemos aproveitar esta ocasión para trocar sementes xa que estamos no tempo de plantar. Como noutras ocasions cada un pode levar algo para picar e sería estupendo que viñese acompañado da receta así tamen as trocamos,alí haberá bebidas a prezos moi económicos. Animádevos a pasar una boa xornada facendo "De Troco un pouco"!. Tamén informamos que o venres 10 de Maio a tenda non abrirá en horario de tarde (de 17h. a 20h.) porque o grupo de traballo estaremos facendo o cambio de roupa e preparando a festa se alguen se anima a...

A A. C. Fuco Buxán en defensa do Ferrocarril Público

A A.C. Fuco Buxán súmase a exixencia dun Ferrocarril Público, eficaz e seguro, que hoxe, na estación de Ferrol, reclamaba unha importante concentración acompañando aos representantes sindicais de RENFE, FEVE e ADIF, a pesar dos impedimentos do numeroso desplegue policial, ao tempo que se celebraba o Centenario do Ferrocarril Ferrol-Betanzos. ÁLBUM FOTOGRÁFICO (fotos Paloma Rodríguez)

#1J, POVOS UNIDOS CONTRA A TROIKA

Movimentos Sociais de vários países da UE convocan unha MANIFESTACIÓN INTERNACIONAL contra as políticas de axuste impostas pola Troika. Baixo o lema "POBOS UNIDOS CONTRA A TROIKA" [formada polo Banco Central Europeu (BCE), a Comisión Europea (CE) e o Fondo Monetário Internacional (FMI)], os coletivos sairán ás ruas en diferentes pobos europeos sumándose ao movemento BLOCKUPY, que nesse mesmo dia protestará em frente à sede do BANCO CENTRAL EUROPEU na Alemanha. Manifesto-Comunicado: "Dende a periferia da crise ao núcleo do poder" Chamada internacional a participar en Blockupy 2013 en Frankfurt do 30 de maio ao 1 de xuño e outras loitas contra a Troika. Onde queira que se resista e rebela contra a crise e a súa xestión, poñemos a forza nas loitas e conflitos que existen, e sobre estes alicerces que construímos, tecemos unha nova Europa que nace das bases. A Europa que vivimos, lonxe dos pensamentos nobres que poderían ter inspirado unha vez un tem...

Este martes día 7, de 17 a 18 horas en 93.9 FM Ràdio FilispiM, "O Recuncho nº 136"

Martes, 7 de mayo de 2013, de 17,00 a 18,00 Horas no 93.9 FM Ràdio FilispiM , ou en directo en Internet:   http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg Repetición radiofónica: Domingos, 12 hs e Xoves de 2 a 3 madrugada. “O Recuncho” nº 136, programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitada: Viki Taibo:  Unha historia do Teatro Estudio. O “Espertar da Razón”   de José Torregrosa:” El discreto encanto de la burguesía” Na “Sección Poética”   de Lorena Calaza:  William Shakespeare. Os libros recomendados ,  espazo de Víctor G. Novás. Novas e comunicados ,  por Fernando Ocampo. Música: Tenores Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com E -mail: opafuco@gmail.com  T el éfono directo: 981371040