A solidariedade de Fuco Buxán cos compañeiros/as de Acción Directa - Recuperación de espazos públicos, que están desenrolando unha importante labor de conservación do medio, de concienciación ecolóxica e de denuncia do abandono e mal gasto do diñeiro público por parte do desgoberno Municipal do PP no Concello de Ferrol. Acción Directa - Recuperación de espazos públicos: Foi imposible rematar as tarefas nunha soa xornada, os centos de quilos retirados (máis de 500) dan unha lixeira idea do estado calamitoso en que se encontra a ría de Ferrol. Queremos especialmente chamar a atención ás autoridades sobre os residuos retirados, o 70% destes é material hospitalario, bolsas de colonoscopia (e outras), toallas de escuma enxaboadas, bastóns para limpar os oídos e ata restos de pomadas. Sen lugar a dúbidas estes restos proceden dun centro de saúde da zona, ben do Ambulatorio de Caranza ou do Hospital Xeral. Solicitamos publicamente ao Concelleiro de Servizos , que ordene a r...
“Andar ergueitos, falar forte e nunca máis esquecer o noso norte."