Saltar ao contido principal

Publicacións

Mobilización da marea blanca en Narón o vindeiro domingo 17F

 A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol, facéndonos eco da mobilización chamada " Marea Blanca " que se celebra o domingo día 17 de Febreiro en todo o Estado Español, e que en Galicia conta co apoio de SOS Sanidade Pública , en Defensa da Sanidade Pública , contra as privatizacións, os recortes e o repago. CHAMAMOS a toda a cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello de Narón para o domingo día 17 de febreiro ás 12 h na Praza de Galicia . Pola Defensa dunha Sanidade Pública, Gratuíta e Universal, para todos por igual Pola construción dos Centros de Saúde comprometidos: Narón, Ares, A Capela e Cedeira, así como a ampliación do Fontenla Maristany e a reapertura do Consultorio da Graña. Derogación do decreto do transporte sanitario. Derogación do decreto que deixa sen asistencia sanitaria aos inmigrantes en situación irregular. Modificación orzamentaria precisa para dotar ao Hospital Naval das...

Mobilización Polo Dereito á Vivenda. Sábado 16/2/2013.

Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán - integrantes da Rede de Apoio Mútuo Ferrolterra - sumámonos á Convocatoria e convidamos a participar a toda a cidadanía de Ferrolterra.     #16F MOBILICÉMONOS – MANIFESTACIÓN CIDADÁN EN FERROL Polo dereito á vivenda. Contra os abusos da banca. Contra o xenocidio financeiro, sinalamos aos responsábeis e esiximos dación en pago retroactiva, aluguer social e stop desafiuzamentos xa! Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra, chamamos a secundar a convocatoria que desde as PAH (Plataforma de Afectad@s pola Hipoteca) faise á cidadanía galega, como ao do resto do Estado, para apoiar a mobilización social do vindeiro sábado 16 de febreiro e manifestar o apoio á Iniciativa Lexislativa Popular que presentamos no Congreso dos Deputados avalada con 1.402.854 sinaturas de apoio (30.283 na Galiza), para conseguir: Dación en pago con efectos retroactivos. Chámase dación en pago ao feito de e...

23 F, Marea Cidadá Contra o Golpe dos Mercados

A Asociación Cultural Fuco Buxán, quere informar da convocatoria da Marea Cidadá para o 23F, por considerar, que o seu manifesto reflicte na súa totalidade as necesidades vitais que demanda este país para un troco verdadeiro da situación política, económica, de crise e neoliberalismo, de intereses dos mercados, de débedas externas, de desafiuzamentos. Basta Xa! Hai que paralos ! Non ao golpe de estado dos mercados. A nosa asociación convídavos a ler o manifesto e a saír as rúas o día 23F, para dicir que xa está ben de corrupcións e de gobernos tiranos. A xente morre de fame, que da sen casas, sen roupa, sen negocios, NON PODE SER que haxa TANTA desigualdade. Enlace ao blogue da Marea Cidadá: http://mareaciudadana.blogspot.com.es/

Programa "Sin Fronteras" en RadioFilispiM 93.9 FM. La Educación Intercutural. Guerra Electoral Argentina. Especial Mario Benedetti.

Este miércoles 13 de febrero, de 20:00 Horas a 21:50 Horas, una nueva emisión del programa "S i n Fronteras" presentado por Xurxo Gago y S u sana Alaniz en RadioFilispíM, la radio libre y Comunitaria de la tierra de Trasancos, en el canal 93.9 de FM. Los contenidos del programa  serán los siguiente s : Miniinformativos   de aquí y de allá, sobretodo de Latinoamérica. (S u sana Alaniz ) Información   sobre las próximas Manifestaciones y diferentes  a ctos y reinvindicaciones sociales.   La educación intercultural ,  con Celso Posada. "S o mos Poesía" con Xurxo G ago Especial M a rio Benedetti  Poemas recitados por el gran Don Mario. Poemas inéditos de Mario Benedetti: (Susana Alaniz) Argentina:  Cristina Fernández  y Daniel Scioli,  guerra electoral,  con María Martínez. Música, debate, poesía y algo má s, en S i n Fronteras, programa de la Radio Libre y Comunitaria de L...

"Galegos en Mauthausen" en Canido Ferrol

   O vindeiro venres, día 15 de febreiro e organizado pola Asociación Cultural Muinho do Vento, de Canido (Ferrol) , celebrarase unha conferencia a cargo do historiador Enrique Barrera: "Galegos en Mauthausen", a partires dás 20:00 Horas no local da Sociedade Galega de Historia Natural , (antiga Casa do Coronel-Porta de Canido).    Enr ique Barrera fará un longo pero á vez breve percorrido por este campo de concentración, e falará de como era a vida e os traballos desenvolvidos polos galegos.  O historiador facerá especial énfase en como lograron estes presos sobrevivir grazas a solidariedade amosada entre eles, deste xeito trasladarase ao momento d a crise actual que vivimos, e apelar á solidariedade de tod@s.   A partires dás 20:00 Horas no local da Sociedade Galega de Historia Natural, (antiga Casa do Coronel-Porta de Canido).

Charla-coloquio con Laura Bugalho

  O vindeiro xoves, día 14 de febreiro, ás 18:00 horas no Ateneo Ferrolán , e organizado pola Área da Muller de Fuco Buxán, celebrarase unha charla-coloquio con Laura Bugal h o (sindicalista e activista en prol dos dereitos das persoas inmigrantes). A e ntrada estará aberta para quen desexe asistir, para todas as persoas interesadas nas loitas sociais e na solidariedade cidadán. Logo da mesa debate celebrarase no mesmo local do Ateneo Ferrolán a "Factoría zombie"  

Concentración ante Delegación do Parlamento Europeo, problemática da Planta de Gas de REGANOSA

     O C omité Cidadán de Emerxencia, convoca unha concentración , o vindeiro mércores 13 de febreiro, ás 09:45 horas, diante do hotel Hesperia en Ferrol.   O Comité Cidadá de Emerxencia consegue que unha delegación Europea visite a Ria e se informe “in situ” sobre Reganosa. Nos próximos días unha Delegación do Parlamento Europeo acudirá a Ferrol para coñecer “in situ” a problemática da Planta de Gas de REGANOSA e o estado da Ría.  Esta Delegación reunirase cos peticionarios e autoridades. Esta visita responde á Petición 1322/2007 -denuncia contra Reganosa-, presentada polo CCE, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol e IU, ante a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo, a onde se desprazaron en Novembro de 2007. Amáis da denuncia, tamén foi recabada a constitución dunha Delegación Especial para que, sobre o terreo, a propia Comisión, poidera comprobar e avaliar os fragrantes incumprimentos, tanto medio ambientais como de seguri...