Saltar ao contido principal

Publicacións

Vindeiro acto de presentación do Nº 33 da revista "Razón Socialista" en Cariño.

A A. C. Fuco Buxán quere convidar a todas as persoas á presentación do número trinta e tres (33) da nosa revista de publicación semestral “Razón Socialista” , subtitulada: “Pola rexeneración da esquerda” en Cariño , no centro da Agrupación Socialista , o sá bado día 12 de Xaneiro de 2013 ás 18.00 Horas . Acoden á presentación: Enrrique Barrera , historiador e profesor, membro da directiva da A. C. Fuco Buxán,  creador do artigo Paracuellos. Manuel Cendán , membro da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista" , creador do artigo máis PSdeG. José Torregrosa , membro da directiva da A. C. Fuco Buxán, subdirector da revista "Razón Socialista". Na presentación farase unha referencia ao aritgo de Paracuellos na que Enrrique Barrera explicará a verdade daqueles feitos que moitos quixeron imputar a Santiago Carrillo.  Estades todos convidados, e sobre todo as persoas das localidades pretas a Cariño. 

Presentación do libro: “Ferroláns de seu”

 Infórmase á cidadanía de que o vindeiro día 2 de xaneiro de 2012 ás 20:00 Horas terá lugar na Galería Sargadelos de Ferrol a presentación do libro Ferroláns de Seu de Xosé Gómez e Nicolás Vidal .    Diario de Ferro l :   http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/-ferrolans-de-seu-recupera-algunhas-das-mellores-entrevistas-de-nordesia/20121229235904026245.html     “Ferroláns de seu” recupera algunhas das mellores entrevistas de Nordesía “O noso traballo foi recompilar unha serie de entrevistas, ao final son 43, das que apareceron no suplemento Nordesía de Diario de Ferrol ao longo dos anos en que os dous coincidimos nel. O xénero da entrevista é idóneo para amosar unha realidade incontestable para nós: a valiosa paisaxe humana desta cidade e da súa comarca”. Así falan os periodistas de Diario de Ferrol Nicolás Vidal e José Gómez Fandiño verbo de “Ferroláns de seu” (Edicións Embora), o...

"Contra o peche do Parador de Turismo"

Dende a A. C. Fuco Buxán facemos un chamamento á cidadanía a acudir o vindeiro luns día 31 de decembro a unha Concentración diante do Parador de Turismo de Ferrol ás 12:00 horas. "Contra o peche do Parador de Turismo" Por iso, en solidariedade cos empregados do Parador chámase á cidadanía a acudir para unir voces en defensa do benestar común.

Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados

 Continúan os efectos das devastadoras políticas austeras que sempre afectan aos mesmos. Mañá xoves día 27 de decembro ás 10:30 horas da mañá, diante do concello de Ferrol , terá lugar unha Concentración Cidadá en apoio aos traballadores do Diario de Ferrol, contra os Despidos e os Traslados que a está a sufrir o colectivo de periodistas do único diario local ferrolán que implícase no chamamento e loita social contra as políticas neoliberais que outros diarios si apoian.  Non se pode tolerar que intenten acabar cun diario que é a vangarda na defensa da cidadanía. Polo tanto, dende A. C. Fuco Buxán, facemos un chamamento á cidadanía a solidarizarse co colectivo de traballadores do Diario de Ferrol e acudir á cita informada. Hai que loitar polo benestar común.

Este venres 28 de Decembro, Manifestación Stop Desafiuzamentos

A Comisión Dereito a unha Vivenda Digna - Stop Desafiuzamentos Ferrol Terra,  que forma parte da Rede de Apoio Mutuo, acordou convocar unha Manifestación, en Ferrol, o Venres 28 de Decembro , ás 7 da Tarde , con saída desde a Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, pasando pola Rúa Real, para rematar diante do Pazo Municipal, na Praza do Concello, onde se lerá un Manifesto , logo pasara-se a micro-aberto. Mobilizaremo-nos para : Demandar: A paralización dos desafiuzamentos O recoñecemento por lei da dación en pago, acompañada da opción do alugueiro social A creación dun parque de vivenda pública para garantir o dereito á vivenda Denunciar o fraude hipotecario e Reclamar o dereito a unha vivenda digna. Esta mobilización, está encadrada dentro dunha convocatoria xeral que de forma coordinada, acordamos as diferentes plataformas e colectivos que actuamos na Galiza. E a nivel local : Por un parque público ...

CONCENTRACIÓN POLO ASASINATO DUNHA MULLER EN FERROL

PRÉGASE DIFUSIÓN A COORDENADORA COMARCAL DE FERROLTERRA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA CONCENTRACION DE REPULSA EN FERROL POLO ASASINATO POR VIOLENCIA MACHISTA DE "MATI". O VINDEIRO DOMINGO 23 DE DECEMBRO ÁS 20H. NA PRAZA DIANTE DO CONCELLO DE FERROL. A nosa veciña, Mati de 42 anos, foi asasinada polo seu marido nunha das rúas da cidade de Ferrol. Que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Mati e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo!

Firma solidaria con Laura Bugalho

 Firma solidaria con Laura Bugalho. Juzgado de Instruccion nº 1 de Compostela: Desestimacion y archivo de la causa nº DP 2123/09 Laura Bugalho.  Firmar: Aqu í A nossa Companheira e ativista Laura Bugalho, à que seguramente todas conhecedes . . . . militante, sindicalista, ativista transfeminista e lesbianista de Galiza foi chamada a declarar o 16 de Janeiro acusada de falsidade documental reiterada para a que se solicita pena de carcere, por ter trabalhado dia-a-dia pelos direitos das pessoas Trans e Imigrantes nos seus papéis. Non se poden permitir estes atropello s contra os dereitos e a dignidade das persoas.