Saltar ao contido principal

Publicacións

“O Recuncho” nº 118 , programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán.

  Este martes, 4 de decembro de 2012, de 17,00 a 18,00 no 93.9 FM Ràdio FilispiM , ou en directo en Internet: http://giss.tv:8000/radiofilispim.ogg “O Recuncho” nº 118 , o programa semanal radiofónico da A.C. Fuco Buxán, cos seguintes contidos: Invitados: Elena Casal , para falar da mobilización  en defensa da Sanidade Pública. Carlos Varela , comentará  a Xornada de Sensibilización Social e VIH. O “Espertar da Razón” de José Torregrosa : “¿Respalda o Goberno a torura?” Na “Sección Poética” de Lorena Calaza :  Celso Emilio Ferreiro no seu centenario. Os libros recomendados,  espazo de Víctor G. Novás . Novas e comunicados,  por Fernando Ocampo . Música: musicando  poemas de Celso Emilio . Todos os programas en: http://recunchofuco.blogspot.com e-mail: opafuco@gmail.com   telef ono: directo: 981371040

Conferencia: A XUSTIZA RECORTADA – TAXAS

A Asociación Cultural Fuco Buxán prácese en convidala/o á conferencia que terá lugar o este Martes 4 de decembro ás 19,30 horas na Galería Sargadelos, e que leva por título: A XUSTIZA RECORTADA – TAXAS "Unha nova agresión a un dereito fundamental" e na que intervirán: ÁNGEL GARMENDIA Ex presidente da xunta de Persoal da Administración de Xustiza – A Coruña. Excoordinador de Xustiza de CCOO – Galicia. ENMA GONZÁLEZ ÁLVAREZ Avogada – Civil e Laboral. Letrada da Asociación Galega contra o Acoso Laboral no Traballo (AGACAMT) Nesta conferencia indagaremos nas claves do acceso a este dereito fundamental – o da tutela xudicial efectiva – desde perspectivas diversas. É necesario que o pobo teña a máxima información. Agardando poder contar coa súa presenza, reciba un cordial saúdo.

En defensa da Sanidade Pública

Na Galería Sargadelos tivo lugar a rolda de Prensa da Plataforma de Defensa da Sanidade Pública, da que Fuco Buxán forma parte, para anunciar a mobilización contra os recortes, a privatización e en defensa da Sanidade Pública, convocada para o martes, 4 de decembro ás 19 hs, fronte ao Edif. da Xunta de Galicia. Manifesto: A TODA A CIDADANÍA Álbum fotográfico   A A.C. Fuco Buxán, integrante da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrolterra , súmase e convida a participar na CONCENTRACIÓN convocada para o martes, 4 de Decembro, ás 19 hs , diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García, Ferrol). A saúde non é un negocio, é un dereito. Nin repago, nin desmantelamento, nin privatización. Polo dereito a un sistema público, universal e gratuito. Mobiliza-te !!

Tasas e procedementos para cobrar a Inmigrantes en Sanidade.

Nesta entrada queremos informarvos das incribles taxas e procedementos para cobrar aos inmigrantes ilegais polos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde. Uns documentos que demostran o clasismo instaurado na sociedade política e o desprezo ás necesidades que poidan pasar persoas necesitadas con graves problemas económicos. Ollo, a partires de agora, calquera persoa que non teña modo de pagar estas taxas poderá aparecer xa cadáver nas rúas. Ollo, agora ben o frío. Onde está o estado de benestar, ¿quen o levou? Tan so uns poucos son os agraciados de desfruta-lo. DECRETO CONSELLERÍA DE SANIDADE DECRETO 221/2012, do 31 de outubro, polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20121121/AnuncioC3K1-091112-0002_gl.pdf ORDE CONSELLERÍA DE SANIDADE ORDE do 16 de novembro de 2012 pola que se establece o procedeme...

Fotos da segunda sesión homenaxe a Celso Emilio Ferreiro

Estupenda segunda sesión da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro coa actuación de María Manuela acompañada de Xurxo V a rela. Presentou Rosa Méndez, en nome do Ateneo Ferrolán e Fuco Buxán. E recitaron a poesía de Celso Emilio: Rosa Méndez, Helga Méndez, Lorena Calaza, Xosé Leira e Fernando Ocampo.  Todo moi ben amenizado por unha estupenda actuación musical de María Manuela. Toda unha homenaxe a Celso Emilio Ferreiro que fixo achegarse a súa figura e a súa obra. TEMPO DE CHORAR Hei de chorar sin bágoas duro pranto polas pombas de luz aferrolladas, polo esprito vencido baixo a noite da libertá prostituída. As espadas penduran silandeiras coma unha chuvia fría diante os ollos e teño que chorar na sombra fuxidía diste pútrido vento que arromba a lealtá e pon cadeas no corazón dos homes xenerosos. Pois que somente os ollos me deixaron para chorar por iles longos ríos, hei navegar periplos, descubertas por tempos que han de vir cheos de ...

Acto Poético-Musical Celso Emilio Ferreiro

O Ateneo Ferrolán e A.C. Fuco Buxán organizan a segunda sesión do HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO no seu centenario. Xa puidemos desfrutar na primeira dunhas excelentes charlas sobre o pensamento, os amigos, as costumes, e os entornos sociais que no se desenvolvera Celso Emilio. Toda unha honra acercarse a súa vida e coñecela para poder desfrutar e valorar mellor hoxe en día a súa herdanza literaria. Este vindeiro martes, día 27 de novembro, ás 19,30 horas na Galería Sargadelos , Ferrol , celebrarase un   ACTO POÉTICO – MUSICAL : Presenta:   Rosa Méndez, en nome do Ateneo Ferrolán e Fuco Buxán. Recitan:   Rosa Méndez, Helga Méndez, Lorena Calaza, Xosé Leira e Fernando Ocampo. Actuación Musical: MARÍA MANUELA   acompañada de Xurxo Varela. Achégate máis a Celso Emilio Ferreiro .  No volo podedes perder, pagará a pena. Vémonos alí !

Documentos útiles para persoas con problemas de desafiuzamento.

Nesta entrada podes encontrar algúns consellos básicos e documentos que pode n se r útiles na negociación co banco ou durante un proceso de execución hipotecaria . Só tes que enchelos cos teus datos persoais. Ten en conta que se queres negociar cunha entidade financeira é moi importante que quede constancia de todo por escrito, e polo tanto, debes entregar unha copia do documento en cuestión á entidade e pedir que che selen outra para ti. Se tes documentos que queiras compartir cos demais, porque crees que a outras persoas pódenlles ser útiles, por favor envíaos a escolmaderazons@gmail.com e colgarémolos nesta sección!! Trátase de compartir recursos e axudarnos mutuamente. Toda a documentación e recursos que ofrece a Plataforma son totalmente gratuítos. Os documentos útiles son froito do coñecemento compartido e as experiencias das persoas afectadas ou sensibilizadas ante a inxustiza hipotecaria e a vulneración sistemática do dereito á vivenda. Non obstan...