Saltar ao contido principal

Publicacións

Proxección da documental “Memoria do saqueo”

A A.C. Fuco Buxán organiza na vindeira semana, o Venres 9 de novembro , no seu Local Social , Rúa Armada Española, 32 Caranza,  ás 20 hs . Unha proxección da documental  "Memoria do Saqueo" , cinta de Pino Solanas en 2004, sobre a situación en Arxentina desde a ditadura militar de 1976 até o estalido da revolta en decembro de 2001.  25 anos de terribles problemas económicos e sociais, causados pola exorbitante débeda nacional, a desenfreada corrupción no poder político e financeiro e o espolio dos bens públicos, coa compracencia de numerosas multinacionais e a complicidade dos organismos públicos internacionais. Explica os mecanismos que levaron a esta catástrofe pondo de manifesto a dignidade e a coraxe de millóns de arxentinos que loitan por non sumirse na pobreza. Fernando E. Solanas dirixe esta película na que expón a certeza de que "outro mundo é posible" ante a globalización. “Segue o saqueo”. Pino Solanas dixo que nada cambiou desde que e...

Asemblea informativa aberta

A A.C. Fuco Buxán organiza na vindeira semana, o mércores 7 de novembro , no seu Local Social , Rúa Armada Española, 32 Caranza,  ás 20 hs . Unha asemblea informativa aberta para analizar os seguintes temas: -  Análise das Eleccións -  Folga Xeral do 14 de Novembro Dado o carácter aberto da Asemblea e a importancia dos temas a tratar, agradécese, aos socios e socias, que fagan extensiva a invitación ás persoas que poidan estar interesadas. A A. C. Fuco Buxán anímavos e convídavos a asistir e a participar. Pola Rexeneración da Esquerda!

Pódese! Detido outro desafiuzamento en Ferrolterra.

U nha acción solidaria da cidadanía, convocada pola Rede de Apoio Mútuo de Ferrolterra, logrou deter un desafiuzamento no barrio de San Pablo de Catabois. Unha familia nunha dificil situación económica pode continuar no seu domicilio grazas as xestións da Rede e ao apoio cidadán. Se estás en perigo de desafiuzamento, non cales. Contacta coa Rede de Apoio Mútuo, porque o problema é de todos, e entre todos e todas tentaremos buscar solucións. A.C. Fuco Buxán ofrécese a axudar na loita ás familias co demanden, sempre estará alí onde a inxustiza se manifeste.   Contacto: fucobuxan@gmail.com escolmaderazons@gmail.com

“O antes e o agora da violencia de xénero." Podemos cambiarlles o futuro a estas mulleres?

Á Coordinadora Comarcal de Ferrolterra da MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES prácese convidar a toda a cidadanía da comarca á charla: “O antes e o agora da violencia de xénero. Podemos cambiarlles o futuro a estas mulleres? Que dará a periodista e escritora NURIA VARELA o próximo xoves día 8 de Novembro ás 19h. no Café-teatro do Pazo da Cultura de Narón.     Esta charla enmárcase nos actos que a MMM temos preparados arredor do 25 de Novembro: Día Internacional contra a violencia machista.     Actos que se desenvolven dentro da campaña que a Coordinadora Europea da MMM puxo en marcha en toda Europa co lema: "A débeda dos gobernos é coas mulleres, non cos bancos. Marchamos por unha vida digna e sostíbel", que deu comezo o 4 de outubro e alongarase ata o 8 de marzo.     A autora faranos un balance dos últimos anos de loita contra a violencia machista e como está a afectar esta crise e os recortes a esta loita, recortes que significan ta...

Fuco Buxán na Homenaxe a Carrillo

"El mejor homenaje que se le puede rendir a Santiago, es aportar nuestro esfuerzo y nuestra inteligencia para conseguir esa sociedad más justa donde no sigan pagando los mismos, la gente más humilde, la clase trabajadora, los crímenes y los errores de los de siempre"    Santiago Carrillo Menéndez.   Fuco Buxán estivo onte, cunha ampla representación, no Teatro Jovellanos e na ofrenda floral no porto de Xixón, homenaxeando a Santiago Carrillo, o seu Socio de Honra.   Álbum fotos Fuco Buxán Álbum fotos EL COMERCIO.es NOTICIAS.RTV PUBLICO.es EL COMERCIO.es (video) RTPA (Video)

Mesa Debate: A crise nos espazos culturais.

A Área da muller da A.C. Fuco Buxán, organizaron tamén un tempo o un espazo para a reflexión e o encontro.....e o diálogo .... o cal estabades invitadas /os   a participar:   Celebrouse o xoves 18 de outubro no l ocal da A. C. Fuco Buxán.   Foi unha Mesa-Debate: " A crise nos espazos culturais ".   Participaron: O C olectivo Sociocultural ANDARAVÍA e JOSÉ TORREGROSA , mestre, escritor e directivo da nosa Asociación.   Modera ro n: Esperanza Vidal e Mercedes Losada.

Mesa-Debate: Muller e sociedade en crise

Foi organizado polo Grupo de Mulleres de Fuco Buxán, “Encontros para o diálogo”, celebrouse o xoves 4 de Outubro, no Local de Fuco Buxán, na rúa Armada Española, 32 baixo Caranza - Ferrol  As relatoras foron: Mª Xesús Boo, Yolanda Diaz, Susana Martinez, Beatriz Sestayo. E moderaron: Lucia Vizoso e Mª Victoria Fernández , directivas da Asociación.  Mª Xesús Boo Feijóo , é docente, militante de movementos ecopacifistas, de Espazo Ecosocialista Galego e candidata por Ourense ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Yolanda Díaz Pérez , é avogada, portavoz do Grupo Municipal de Esquerda Unida no Concello de Ferrol, Coordinadora da súa formación en Galicia e candidata por A Coruña ao Parlamento de Galicia na lista de Alternativa Galega de Esquerdas.  Susana Martínez Gadós , é avogada, e 2ª Tenente de Alcalde do Concello de Ferrol, polo Grupo do Partido Popular. Beatriz Sestayo Doce, é avogada, Secretaria Xeral da Agrupació...