Saltar ao contido principal

A LOITA FINAL (documental) - ALTRI NON

 



A LOITA FINAL

Enrique Banet e Mabel Rivera

  • Día: Martes 13/05/2025 ás 19:00 horas
  • Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol)

O vindeiro martes temos a oportunidade de achegarnos a realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Reis a través do visionado do documental <<A loita final>>, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Como en todos os nosos actos, posteriormente poderemos ter un coloquio con Enrique e Mabel.

O documental xorde da preocupación suscitada polos efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia. Este é un traballo imprescindíbel no que unha decena de persoas expertas en eidos coma patrimonio, edafoloxía, agro, hidroloxía, economía, desenvolvemento rural ou saúde abordaron de maneira tan ampla coma crítica os posibles impactos da fábrica de celulosa na Ulloa, no río Ulla, na Ría de Arousa e no resto do noso país.