Un dos bos e xenerosos. A súa obra non morre e s súa memoria tampouco. O mundo con el foi resistencia,
verdade, sabedoría, bonhomia, ensino, serenidade e mesmo sentido moi fino do humor. A estes
poderemos inxustamente deixalos de lado, pero a mensaxe e a profecía ninguén a poderá apagar.
Graciñas, mestre Torregrosa. Grazas a túa familia. Amizade para cantos loitan polas causas xustas porque
por elas eles manteñen o mundo en pé. Ao seu lado vemos o pouco que valen todos os fantasmas e
fantoches do mundo que tanto mal sementan. Escrbiches ti para Cuco Ruiz de Cortázar:
"No anda sobrado el siglo pera el optimismo. La paloma de la paz, con las alas quebradas y mordaza en el
pico, agoniza entre los nuevos jinetes del Apocalipsis: la inxusticia social, el conformismo, la xenofobia,
la destrución del medio ambiente...
Para nuestros hijos el paisaje se ha poblado de sombras.por eso hablar de luz, esperanza, sa ha convertido
en una obligs ción. El ser humano es portador de valores y buscador del bien. Iso fuches e seguirás sendo
ti, amigo José Torregrosa. Unha aperta agradecida para os teus e que sorte terte coñecido e saber da túa
excelente bondade. Supoño que algún día se fará algo na túa presenza inmorrente. Alí estaremos para
recoller e potenciar o teu testemuño . Xaquín Campo Freire.