| |||||
A Conversa Feminista do 14 de maio dedicarémola a Begoña Caamaño, a autora homenaxeada no Día das letras
galegas deste ano.
En maio de 2010 a profesora Pim Patinho, en nome da Coordenadora da Marcha de Ferrol Terra, acompañaba a
Begoña na mesa da apresentación en Ferrol do seu libro Circe ou o pracer do azul. O próximo día 14, temos a sorte
de que Pim nos achegue á Begoña que ela coñeceu persoalmente, non só como autora literaria e xornalista, senón
tamén como activista no femnismo galego e participante na implantación da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza
.
Agardamos que veñades celebrar e compartir esta reveladora conversa sobre Begoña Caamaño, o 14 de maio ás 19
horas no Centro Cívico de Canido